Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de marzo de 2021

Celemín destaca a axuda ao emprendemento de ACCEDE Papagaio na entrega dos premios Formación para emprender

O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, participou na entrega deste galardón do programa Inicia, que busca a difusión do espírito empresarial no alumnado dos ciclos formativos e ensinanzas especiais da cidade

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, participou na entrega dos XIII Premios Formación para emprender do programa Inicia, que busca a difusión do espírito empresarial no alumnado dos ciclos formativos e ensinanzas especiais da cidade.

O programa consiste nunha formación práctica para o alumnado na que realizan o estudo de viabilidade dunha iniciativa empresarial, co apoio do profesorado, e o uso dun software especializado de simulación para crear un plan de empresa. As mellores ideas foron recoñecidas hoxe con premios aos seus centros de formación profesional, ao profesorado e ás persoas integrantes dos grupos participantes.

"Cos coñecementos que adquiristes esperamos deixar unha semente en vós que vos sirva para o futuro", manifestoulles Celemín ás persoas gañadoras. Tamén lles lembrou que, no caso de quereren emprender e seguir adiante cos seus proxectos, "non dubidedes en acudir a nós, no Centro de Empresas ACCEDE Papagaio atoparedes sempre un servizo de axuda ao emprendemento".

O concelleiro destacou que "un dos obxectivos que perseguimos desde a concellería, e concretamente con este programa, é difundir a cultura emprendedora entre o alumnado dos centros educativos desta cidade para que, unha vez finalizada a vosa traxectoria educativa, non descartedes o autoemprego como unha posibilidade para a vosa inserción laboral".

Este ano, e debido á crise sanitaria, o programa Inicia desenvolveuse en 3 centros da cidade con alumnas e alumnos de 7 especialidades formativas. Entre todos os proxectos presentados seleccionáronse 11 finalistas que se expuxeron durante a mañá de hoxe na Feira de Ideas do Centro Ágora. Xa pola tarde, a mocidade emprendedora contou a súa experiencia e posteriormente entregáronselles os premios aos tres proxectos máis relevantes e ao centro educativo más implicado no programa.

Os proxectos premiados foron os seguintes:

Premio ao centro máis implicado (cheque regalo 300€): Escola de Imaxe e Son

Premio ao profesor/a do proxecto gañador (cheque regalo 300€): Noemí García (CPR Afundacion)

Primeiro Premio (cheque regalo 300€ para cada alumno/a): proxecto Emove (CPR Afundacion)  Patinetes e bicicletas eléctricas

Segundo Premio (cheque regalo 200€ para cada alumno/a): proxecto Persyca (Escola de Imaxen e Son): VideoXogo inclusivo Kysu

Terceiro Premio (cheque regalo 150€ para cada alumno/a): proxecto Natexga (CPR Nebrija): a antitendencia está de moda, moda sustentable e vegana

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión