Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de mayo de 2021

Comercio abre o prazo para que os comercios locais se inscriban no concurso de escaparatismo

Os negocios interesados poderán apuntarse até o 31 de maio na web www.escaparatescoruña.es e participaren nun certame en que se repartirán 6.500 euros en premios

Os negocios interesados poderán apuntarse até o 31 de maio na web www.escaparatescoruña.es e participaren nun certame en que se repartirán 6.500 euros en premios

A Concellería de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios abriu o prazo para que os comercios de proximidade se inscriban na concurso de escaparatismo. Case terminado o curso de formación previo que tiña carácter optativo, a iniciativa diríxese de novo aos establecementos abertos ao público na cidade e que non formen parte de cadeas comerciais nin se atopen situados en centros comerciais para animalos a participaren nun certame en que se establece un límite de 100 prazas. Por esta razón, terán preferencia os corenta locais que recibiron as clases formativas. A temática é aberta e un xurado elixirá as dez mellores propostas, para as que se abrirá un período de votacións co fin de que a veciñanza escolla as 5 mellores, que se repartirán 6.500 euros en premios.

O formulario de inscrición e mais as bases do concurso están dispoñibles até o 31 de maio, ás 23.59 horas, na web www.escaparatescoruña.es. En caso de que o número de solicitudes sexa maior que as vacantes, seleccionaranse aqueles solicitantes que representen a todas as zonas da cidade e os distintos tipos de establecementos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión