Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de axudas do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19

Concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da Covid-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.

A quen vai dirixido?:

1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE núm. 259, do 30 de setembro).

2.- As persoas traballadoras autónomas que ademais de cumprir o requisito sinalado no punto 1 deberán estar encadradas nos sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.

Entenderase como actividade especialmente paralizada:

a) En todo caso o lecer nocturno

b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:

  • CNAE 4932. Transporte por taxi.
  • CNAE 5010. Transporte marítimo de pasaxeiros.
  • CNAE 5030. Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.
  • CNAE 5621. Provisión de comidas preparadas para eventos.
  • CNAE 5914. Actividades de exhibición cinematográfica.
  • CNAE 7911. Actividades das axencias de viaxes.
  • CNAE 7912. Actividades dos operadores turísticos.
  • CNAE 7990. Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos eles.
  • CNAE 8230. Organización de convencións e feiras de mostras.
  • CNAE 9001. Artes escénicas.
  • CNAE 9002. Actividades auxiliares ás artes escénicas.
  • CNAE 9004. Xestión de salas de espectáculos.
  • CNAE 9321. Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos.
  • CNAE 9329. Outras actividades recreativas e de entretemento

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/03/2020 ata o 28/12/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/11/2020 ata o 18/12/2020

Solicitudes: presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento TR400A).

Remuneración / Custo:

Contía da axuda: 1.200 € para as persoas traballadoras autónomas que cumpran cos requisitos establecidos.

Contía da axuda: 2.000 € para aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.

As axudas de 1.200 € e 2.000 € non son acumulables.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201118/AnuncioG0599-171120-0004_gl.pdf

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión