Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de agosto de 2022

Finaliza o obradoiro de emprego ‘Rede virtual de xacementos arqueolóxicos’

16 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos recibiron formación e emprego durante un ano en producción fotográfica e xestión cultural

O obradoiro de emprego 'Rede virtual de xacementos arqueolóxicos' rematou esta mañá co acto de entrega de diplomas. O alumnado-traballador estivo acompañado do concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, quen destacou que "programas coma este son fundamentais para que os mozos e mozas adquiran formación e experiencia, facilitando a súa inserción laboral".

O CORVXA naceu co obxectivo de aproveitar o potencial dos recursos arqueolóxicos da cidade, dándolles visibilidade e facilitando o seu acceso á cidadanía por medio das TIC. "A dixitalización do patrimonio estase a converter nunha das principais formas de dalo a coñecer de forma universal" explicou o edil, e "dende o Concello da Coruña quixemos apostar por este modelo para achegar ao público o noso patrimonio cultural dunha forma diferente". No acto tamén estivo presente Mª Judith Fontenla, Xefa territorial da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.

Dende o seu inicio o pasado ano, o 12 de agosto do 2021, o alumnado-traballador do obradoiro de emprego recibiu formación de acordo con dúas especialidades: 'Producción fotográfica' e 'Dinamización, programación e desenrolo de accións culturais'. Deste xeito, os 16 alumnos e alumnas especializáronse en fotografía ou xestión cultural con oito persoas por grupo, creando unha sinerxia entre ambos para a posta en valor do patrimonio cultural da Coruña a través das novas tecnoloxías.

Entre outras actividades, levouse a cabo unha mostra fotográfica titulada "Olladas", comisariada polo alumnado e con material orixinal realizado durante o obradoiro; así como a realización de pezas audiovisuais en 3D das pezas sitas no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, en vistas da creación dun arquivo dixital do material museístico. 

"Esta foi unha das achegas máis importantes do obradoiro, permitindo que xente de fóra da Coruña poida consultar os fondos museísticos con fins educativos ou de ocio levando o patrimonio local ao universal" conclueu o edil.

A Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos é un programa de emprego e formación para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo, e promovido polo Concello da Coruña xunto co  Concello de Culleredo. Un proxecto que pon de manifesto a capacidade de colaboración entre administracións co obxectivo de acadar as mellores oportunidades para a cidadanía do Concello da Coruña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión