Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xaneiro de 2023

Os cursos contan cun compromiso de contratación de seis meses para un mínimo do 25% do alumnado que finalice o programa

O Concello da Coruña inicia a primeira formación gratuíta en Big Data para persoas desempregadas

Levaranse a cabo dúas formacións con 27 prazas cada unha. A primeira durante este mes de xaneiro e ata febreiro, e a segunda entre marzo e abril

O Concello da Coruña inicia mañá, luns 16 de xaneiro, a primeira formación gratuíta en Big Data para persoas desempregadas no marco do programa 'Actualízate'.

Esta será a primeira das dúas formacións en Big Data en impartirse no Centro Municipal de Emprego dos Rosales con 27 prazas cada unha, logo de ampliarse pola alta demanda de persoas solicitantes. A primeira durante este mes de xaneiro ata febreiro, e a segunda entre marzo e abril, co obxectivo de facilitar o acceso a persoas desempregadas a postos de traballo que dispoñan dunha estratexia de transformación dixital.

A formación é froito do convenio asinado coa UTE Innova Next, SLU e The Valley Digital School SL para o desenvolvemento da formación para o emprego e intermediación no sector da tecnoloxía e a comunicación, avanzando no obxectivo do Goberno de Inés Rey de dar formación en sectores con alta demanda de persoal cualificado.

O programa conta con 253 horas de formación gratuítas que se desenvolverán entre o 16 de xaneiro e o 17 de febreiro, en horario de 9.00 a 18.00 horas. Ademais da formación específica sobre Big Data, o curso complétase con 12 horas de orientación laboral por persoa en formación, xunto cun compromiso de inserción laboral de seis meses para un mínimo do 25% do alumnado que finalice o programa.

As persoas interesadas xa poden realizar a súa inscrición a través da web www.actualizateprograma.es. Pode inscribirse calquera persoa residente no municipio da Coruña en idade de traballar e que sexa demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Para realizalo non se precisa contar con ningunha formación académica previa. 

O programa está impulsado por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). En concreto, desenvólvese con cargo ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE), co obxectivo de lles facilitar o acceso ao emprego ás persoas demandantes de emprego a través da adquisición e actualización de competencias profesionais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión