Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2023

Este evento terá lugar o próximo 10 de marzo de 2023 no paraninfo da Universidade da Coruña.

O Concello da Coruña organiza a xornada "Proxecto Coruña Suma. A innovación nas políticas activas de emprego"

Será un espazo de intercambio metodolóxico e técnico de actuacións dirixidas a facilitar a inclusión sociolaboral dos colectivos máis vulnerables.

O Concello da Coruña organiza a xornada "Proxecto Coruña Suma. A innovación nas políticas activas de emprego", no marco do proxecto Coruña Suma (AP-POEFE) do Servizo Municipal de Emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Este evento terá lugar o próximo 10 de marzo de 2023 no paraninfo da Universidade da Coruña e será un espazo de intercambio metodolóxico e técnico de actuacións dirixidas a facilitar a inclusión sociolaboral dos colectivos máis vulnerables.

Nela participarán administracións e entidades especializadas e implicadas na inserción laboral de colectivos en risco ou en situación de exclusión social. Abordaranse temas como o arraigamento para a formación, o valor dos certificados de profesionalidade, a transferencia de boas prácticas e a xestión de fondos europeos.

Trátase dunha xornada aberta a profesionais do ámbito do emprego e social, pero tamén a estudantes de universidades e centros de formación de ciencias sociais, outras disciplinas relacionadas coas temáticas a tratar e todas aquelas persoas interesadas na xornada.

Se queres asistir, podes inscribirte a través da seguinte ligazón:

Inscrición Xornada Coruña Suma. A innovación nas políticas activas de emprego

Documentos relacionados

  • Programa xornada Coruña Suma (castelán) (655 KB)
  • Programa xornada Coruña Suma (galego) (656 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión