Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de marzo de 2023

A alcaldesa interviu na apertura das xornadas "A innovación nas políticas activas de emprego” xunto co secretario de Estado de Política Territorial, Alfredo González

O Concello inseriu no mercado laboral a 1.060 persoas a través do programa Coruña Suma

Inés Rey: “Esta iniciativa supuxo un xiro de guión para moitas familias coruñesas que melloraron a súa situación social e económica”

A alcaldesa, Inés Rey, interviu esta mañá na apertura da xornada "Proxecto Coruña Suma. A innovación nas políticas activas de emprego" celebrada no marco do programa Coruña Suma a través do cal o Concello inseriu no mercado laboral a 1.060 persoas. "Esta iniciativa supuxo un xiro de guión para moitas familias coruñesas que melloraron a súa situación social e" sinalou a alcaldesa.

Rey deu inicio ás xornadas xunto con Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña, e Alfredo González, secretario de Estado de Política Territorial, Alfredo González quen destacou a importancia da colaboración entre as administracións para a posta en marcha de políticas de emprego. Pola súa banda, Inés Rey puxo en valor a colaboración coa empresa e o tercer sector para levar a cabo o desenvolvemento do programa. "O 94,4 % das empresas que participaron trasladaron o seu interese en volver participar no programa, unha cifra da que nos sentimos moi orgullosos e que pon de manifesto a relevancia de proxectos coma este" explicou a rexedora. 

O proxecto Coruña Suma conta cun investimento de 4.926.301 euros cofinanciados ao 80% polo Fondo Social Europeo e que se executou nestes últimos catro anos. "Desenvolvemos este programa grazas aos fondos do Goberno de España e ás axudas europeas, pero tamén ao persoal municipal do Centro Municipal de Emprego dos Rosales a quen aproveito para agradecerlle o seu traballo" subliñou Inés Rey. Tamén reclamou unha estratexia autonómica de emprego que teña en conta as especificidades de cada área de actividade.

A xornada continuou con diferentes intervencións e conferencias de persoas expertas en políticas de emprego. O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, pechou o acto agradecendo ás persoas que participaron na xornada así como aos traballadores e traballadoras municipais da área de emprego. "Estou seguro de que esta xornada foi igual de proveitosa para todos e todas que o propio programa Coruña Suma, a través do que axudamos a moitas familias coruñesas a ter un proxecto de vida máis digno e con el a ter un futuro mellor".

O proxecto Coruña suma en cifras

Coruña Suma, que rematará a finais do mes de marzo, é un programa de formación laboral orientado a colectivos vulnerables en situación de desemprego. De acordo con iso, o Goberno de Inés Rey mobilizou a máis de 20 ONG da cidade así como entidades sociais para a colaboración co programa na búsqueda e identificación de perfís aptos para participar no proxecto.

Ademais, para a formación leváronse a cabo un total de 87 cursos formativos de acordo con sete sectores profesionais de alta demanda entre os que destaca a atención a persoas dependentes, administración e xestión e industria alimentaria. A alcaldesa, Inés Rey, apuntou no inicio da xornada que na elaboración do programa se atendeu a sectores con alta demanda de emprego para garantir a pronta incorporación das persoas desempregadas no mercado laboral e tamén á súa estabilidade no mesmo. Nos cursos formativos participaron 1.122 persoas das que 338 obtiveron unha capacitación profesional para a atención a persoas dependentes, un 30 % do total.

Das 1.060 persoas que acadaron emprego a través de Coruña Suma, un total de 182 eran persoas desempregadas de longa duración e 111 mozos menores de 30 anos. Xunto coas persoas inmigrantes e maiores de 55, o que supón arredor dun 75 % do total. "Quero destacar que máis da metade das persoas empregadas a través do programa son mulleres, un 61,2 % do total, co que cumprimos cun dos obxectivos marcados ao inicio do programa para corrixir as desigualdades que existen entre homes e mulleres" sinalou a rexedora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión