Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de noviembre de 2022

O Concello ofrece formación gratuíta en técnicas de construción para persoas desempregadas

Os cursos sobre traballos verticais e lectura de planos darán comezo a vindeira semana

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Emprego, inicia desde o luns dous novos cursos en materia de construción para persoas desempregadas. Ambos itinerarios son totalmente gratuítos e enmárcase na estratexia do Goberno de Inés Rey de ofertar formación en sectores con alta demanda de persoal cualificado a persoas en situación de desemprego, co obxectivo de favorecer a súa incorporación ao mercado laboral.

O curso de 'Traballos verticais: alicerces e liñas de vida' comeza mañá luns 7 de novembro. Oferta 12 prazas en quenda de tarde, con horario de 15.30 a 19.30 horas. A formación impartirase no Centro Municipal de Emprego dos Rosales e contará cun total de 58 horas formativas. Este foi un dos cursos con máis demanda o pasado ano 2021, contando este ano con dúas edicións: a primeira, realizada o pasado mes de outubro e esta nova para o mes de novembro. 

'Lectura de planos' comezará o vindeiro martes, 8 de novembro. Ofrece dez prazas e cen horas de formación impartidas en quenda de mañá, de 9.30 a 14.30 horas. O obxectivo do curso é que o alumnado adquira os coñecementos precisos para analizar a documentación de proxectos e plans de obra, identificando os criterios e condicións de execución, calidade e seguridade.

O Concello da Coruña, a través dos citados dous cursos, dará formación gratuíta a máis de 20 persoas en materia de construción no mes de novembro.

Para máis información sobre a inscrición e os vindeiros cursos pode consultarse a web de www.coruna.gal/emprego ou contactar co Centro Municipal de Emprego dos Rosales, no teléfono 981 184 399.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión