Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de decembro de 2022

O Concello participa nunha xornada sobre emprendemento organizada por ACCEM e orientada á poboación migrante

A través de Coruña Suma, conseguíronse formar a unhas 1.200 persoas, logrando máis de 700 insercións laborais, das que case un 30% foron persoas inmigrantes

O Servizo de Emprego e Empresa participou o pasado 29 de novembro na I Xornada de Emprego 'Na procura de novos camiños', organizada pola entidade especializada en inmigración Accem. A xefa do Departamento de Empresa e Comercio, Belén Lucía Gil Alvariño participou nas conversas 'Que é preciso para emprender' xunto cun grupo de emprendedores, dando a coñecer os recursos que o Concello pon ao dispor do emprendemento e os perfís de usuarios destes.

Pola súa banda o persoal técnico do proxecto Coruña Suma (AP-POEFE), cofinanciado polo Fondo Social Europeo e promovido polo Concello da Coruña fíxoo a través de mesas redondas e dinámicas de networking nas que se trataron cuestións como o emprendemento e a promoción do emprego, relacionados cun dos colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado laboral como é o das persoas inmigrantes.

A técnica de intermediación laboral do proxecto Coruña Suma, Elvira Álvarez, participou na mesa redonda de estudo dos perfís máis solicitados polas empresas, onde achegou a súa experiencia e os resultados máis relevantes obtidos ao longo dos 3 anos de execución do proxecto.

A través de Coruña Suma, conseguíronse formar a unhas 1.200 persoas, logrando máis de 700 insercións laborais, das que case un 30% foron persoas inmigrantes. Mediante o proceso de intermediación laboral realizado no proxecto coas empresas do territorio, téntase achegar ás persoas desempregadas ao mercado laboral aplicando un sistema de currículo cego que pretende facilitar o acceso en igualdade de oportunidades a unha oferta de emprego, evitando a perda de talento nos procesos de selección de persoal. Esta iniciativa foi moi ben acollida pola maioría das empresas, moitas das cales melloraron a diversidade dos seus persoais coa aplicación deste sistema de CV anónimo.

Ademais do proxecto Coruña Suma, a xornada 'Na procura de novos camiños' contou con representantes de recursos humanos de importantes empresas situadas na cidade, así como con emprendedoras/é que analizaron a súa experiencia no traballo por conta propia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión