2 de decembro de 2022
Xa están publicadas as bases e procedemento de inscrición nos talleres. As solicitudes poderán presentarse a partir do día 9 e os talleres darán comezo o día 23
Este venres, o Concello publicou as bases e procedemento de inscrición nos obradoiros de cociña creativa infantil que terán lugar entre os días 23 e 29 de decembro nos Mercados Municipais.
Os talleres, ideados para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos, serán dinamizados por un cociñeiro acreditado e tres monitores, que lles achegarán ás e aos máis pequenos as receitas gastronómicas propias das datas de Nadal.
A asistencia será de balde, sempre baixo inscrición previa, e a capacidade dos obradoiros estará limitada a 25 nenas e nenos por sesión. Cada nena ou neno poderá asistir a unha sesión como máximo, pero coa posibilidade de marcar dúas opcións por orde de preferencia no formulario de inscrición. O calendario é o seguinte:
A inscrición poderá realizarse desde as 10.00 horas do vindeiro venres 9, e ata as 14.00 horas do luns 12, polas seguintes vías:
Os formularios xa están a disposición das persoas interesadas, nos Mercados Municipais, na páxina web de Mercados e tamén a través da páxina web da empresa organizadora das actividades previstas.
As prazas serán outorgadas por estrita orde de inscrición e, posteriormente, confirmadas por correo electrónico o día 19 de decembro. Haberá, ademais, unha lista de agarda que se activará no caso de hipotéticas cancelacións ou renuncias das persoas que obteñan praza.
Formulario de inscrición nos Obradoiros de Cociña Infantil Nadal 2022 (282 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible