Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de abril de 2019

O día 7 de maio celebrarase unha xornada informativa para coñecer as distintas liñas de axuda do IGAPE, no Centro de Empresas Accede Papagaio

A Concellería de Emprego e Economía Social, a través do Departamento de Promoción Económica e Comercio, está a preparar, en colaboración co IGAPE, unha xornada informativa co obxectivo de dar a coñecer os servizos e as distintas liñas de axuda que manexa este organismo, tanto dirixidas a persoas emprendedoras como a pemes, comentando tamén as últimas novidades incorporadas a estas liñas.

A xornada ten carácter gratuíto e está aberta a todas as persoas interesadas, pero é preciso realizar inscrición previa (ata completar aforo). Celebrarase o próximo 7 de maio (martes), ás 10:00 horas, no Centro de Empresas Accede Papapagio.

Ao remate da xornada, a técnica do IGAPE encargada de impartir esta xornada atenderá as consultas das persoas participantes.

A inscrición pode realizarse picando nesta ligazón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión