Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

26 de febreiro de 2020

Rey destaca o labor de AJE por crear emprego e riqueza na cidade

A alcaldesa presentou a gala da novena edición do Premio Iniciativa Empresarial de Galicia 2020, organizada pola asociación, en que se distinguirá o 4 de marzo no Teatro Rosalía a mellor empresaria ou empresario galego e a iniciativa emprendedora máis destacable

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá a gala da novena edición do Premio Iniciativa Empresarial de Galicia 2020, organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios da provincia da Coruña (AJE) e que terá lugar o 4 de marzo no Teatro Rosalía Castro. A rexedora dixo que estaba orgullosa de poder compartir coas novas e novos empresarios un evento que fomenta e estimula o desenvolvemento da cultura empresarial, potencia a creación de actitudes positivas para a iniciativa emprendedora e recoñece o traballo das empresas e das e dos emprendedores coruñeses que destacaron nos diferentes ámbitos de actuación. En nome da Corporación, Rey agradeceu a organización dos galardóns por crear "un núcleo en que xurdiron e xurdirán firmas que dan emprego, riqueza e benestar" e animou a asociación a que siga mantendo o espírito innovador que a caracteriza, posto que "tamén é unha forma de facer cidade, porque o seu traballo é importantísimo para o desenvolvemento económico da Coruña e debe estar apoiado por esta Administración local e o resto de administracións".

Insistiu en que a colaboración coas pequenas e medianas empresas da cidade é vital para o seu éxito e "AJE serviulle durante moitos anos á mocidade para aconsellala sobre a viabilidade e o crecemento de empresas". Rey espera contar coa asociación para o proxecto da Cidade das Tics, "un polo de atracción tecnolóxica", que dará acubillo a toda a industria 4.0 co que o colectivo realiza tan bo traballo. Pola súa parte, o presidente de AJE da provincia da Coruña, Miguel Miragalla, sinalou que este ano serán os anfitrións, despois de que a gala rotase por todas as AJE locais de Galicia e falou do Teatro Rosalía como un marco incomparable para recibir os axentes económicos e empresariais de Galicia, onde se distinguirá co Premio Xove a mellor empresaria ou empresario e a iniciativa emprendedora de menos de dous anos máis destacable, xunto con catro accésits á responsabilidade social empresarial, internacionalización, creación de emprego e innovación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión