5 de xuño de 2024
Fotografiando a Natureza na Torre de Hércules.
O pasado 1 de xuño tivo lugar o concurso de fotografía da natureza da Torre de Hércules, organizado polo Grupo Naturalista Hábitat en colaboración co Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña. A iniciativa, aberta á participación cidadá, xorde coa finalidade de facer visible a fauna, a flora e os hábitats do espazo natural simbólico e emblemático da cidade.
Nino Kelberashvili, alumna-traballadora do Programa de Emprego "Unha ventá ao porto medieval da Coruña" da especialidade de fotografía, obtivo o segundo premio coa súa obra "A liberdade". Nela capturou a esencia da natureza no seu estado máis puro, reflectindo unha poderosa sensación de liberdade e harmonía entre a natureza e a historia. O paxaro, en pleno voo, reflicte a vitalidade e a liberdade da fauna local, mentres a torre coa súa impoñente presenza, expresa a perdurabilidade e o carácter robusto deste monumento milenario.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible