Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de novembro de 2020

Comercio asesorará de forma gratuíta os establecementos de Catro Camiños a través do programa “Tendas a exame”

Esta iniciativa municipal ten como obxectivo axudar as persoas propietarias de negocios a sacarlles máis partido aos seus locais a través dun sistema de consultoría especializada que se realiza no propio punto de venda

O Concello pon en marcha unha nova edición do Programa "Tendas a exame", nesta ocasión na zona de Catro Camiños-A Gaiteira. Logo de chegar aos barrios de Monte Alto-Orzán, Os Mallos-Falperra, e As Conchiñas-Rúa Barcelona, a iniciativa atenderá as necesidades de 30 establecementos para realizarlles unha diagnose da súa situación. Son comercios de proximidade que non pertencen a grandes cadeas nin están localizados nunha superficie comercial aos que se lles proporán medidas e accións co fin de melloraren aspectos como o escaparatismo, a atención á clientela ou cuestións de loxística e xestión. Deste xeito, unha persoa especializada asistirá durante varias xornadas aos locais para os asesorar naquelas áreas sobre as que for preciso traballar.

Con este programa, o concello non quere que as e os profesionais do sector leven a cabo actuacións puntuais, senón que as poidan realizar por si mesmas/os no futuro. Tamén se lles aconsellará sobre as subvencións ás que poden concorrer, para que no momento en que se convoquen, rexistren a súa solicitude de forma autónoma. A captación dos negocios estase realizando a través de visitas á zona por parte da Concellaría de Comercio e a través do correo electrónico: tendasaexame2020@gmail.com. Tras comprobar o cumprimento dos requisitos entre os comercios inscritos, realizarase unha selección para lles dar prioridade a aqueles establecementos en que se detectar unha maior marxe de mellora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión