Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2022

Con motivo da celebración do Día de Europa, 9 de maio, o equipo de Corvxa, dentro do PE Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos, presentou unha programación de actividades de visibilización e conmemoración.

Onte, na inauguración do programa de actividades, recibimos a D. Jesús Javier Celemín Santos, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, que se interesou polas propostas xeradas e contribuíu nas tarefas de elaboración dunha delas: o mapa.

A primeira acción moveuse no eido das redes sociais e da comunicación dixital, elaborándose material vencellado á historia dá EU, ás capitais culturais europeas, a proxectos europeos para a xuventude, a cidades europeas sostibles e tamén ao pacto verde. Ao longo desta semana dedicaránse os espazos virtuais a esta iniciativa.

Por outro lado levouse a cabo a realización dunha peza audiovisual que pon de manifesto respostas de diferentes persoas da cidadanía coruñesa á pregunta "Que significa vivir en Europa para ti?". Son centrais as temáticas da mobilidade, da migración en varias direccións xeográficas dentro do continente ou desde fóra do. Participaron máis de vinte persoas de distintas procedencias, orixes e historias de desprazamentos entre lugares.

Outra das propostas consistiu en erixir un mural de grandes dimensións (3x2m) e emprazalo no CME durante esta semana. Este mapa está composto con imaxes referenciais de cada país: desde estampados téxtiles tradicionais, ata vexetación simbólica e arquitectura. Engadíronse curiosidades de cada país para estimular o coñecemento e a interacción para achegarse ao mapa e levantar as lapelas onde se atopa a información. Estará pendurado durante toda esta semana.

Por último, este mércores ás 10.30 h proxectarase un documental sobre cuestións de migracións, refuxio, asilo e desprazamento xeográfico: "Nado en Siria" (2016), de Hernán Zin. Aberto a todos os públicos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión