Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de mayo de 2022

Con motivo da celebración do Día de Europa, 9 de maio, o equipo de Corvxa, dentro do PE Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos, presentou unha programación de actividades de visibilización e conmemoración.

Onte, na inauguración do programa de actividades, recibimos a D. Jesús Javier Celemín Santos, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, que se interesou polas propostas xeradas e contribuíu nas tarefas de elaboración dunha delas: o mapa.

A primeira acción moveuse no eido das redes sociais e da comunicación dixital, elaborándose material vencellado á historia da EU, ás capitais culturais europeas, a proxectos europeos para a xuventude, a cidades europeas sostibles e tamén ao pacto verde. Ao longo desta semana adicaránse os espazos virtuais a esta iniciativa.

Por outro lado levouse a cabo a realización dunha peza audiovisual que pon de manifesto respostas de diferentes persoas da cidadanía coruñesa á pregunta "Que significa vivir en Europa para ti?". Son centrais as temáticas da movilidade, da migración en varias direccións xeográficas dentro do continente o desde fóra del. Participaron máis de vinte persoas de distintas procedencias, orixes e historias de desprazamentos entre lugares.

Outra das propostas consistiu en erixir un mural de grandes dimensións (3x2m) e emprazalo no CME durante esta semana. Este mapa está composto con imaxes referenciais de cada país: desde estampados textiles tradicionais, ata vexetación simbólica e arquitectura. Engadíronse curiosidades de cada país para estimular o coñecemento e a interacción para achegarse ao mapa e levantar as pestanas onde se atopa a información. Atoparase colgado durante toda esta semana.

Por último, este mércores ás 10:30 proxectarase un documental sobre cuestións de migracións, refuxio, asilo e desprazamento xeográfico: Nacido en Siria (2016), de Hernán Zin. Aberto a todos os públicos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión