Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2020

Esgotadas as máis de 3.200 prazas de formación en liña gratuítas que o concello puxo a disposición da cidadanía

Finalizou o prazo de inscrición para realizar formación en liña con máis de 50 accións formativas e 3.200 prazas gratuítas, dentro da iniciativa PRESCO.

No marco do Plan de reactivación económica e social da Coruña (PRESCO), o Concello da Coruña abriu prazo a unha batería de 50 accións formativas en liña con máis de 3.200 prazas abertas de forma totalmente gratuíta. O prazo de inscrición comezou 22 de outubro ás 10.00 h e finalizou o 8 de novembro, cando se esgotaron as prazas dispoñibles.

O grande éxito desta formación levou a que se ampliasen as prazas, así as matriculacións ascenderon ata as 3.601.

A situación actual na que nos atopamos propicia que debamos enfrontar unha nova realidade e que a formación en liña pase a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos.

Desde os nosos fogares, podemos continuar ampliando coñecementos sen necesidade de acudir a un centro de formación, incluso para as persoas interesadas que non tiñan acceso a ordenador, tableta ou datos, o concello puxo á súa disposición unha aula con ordenadores e acceso a Internet para que puidesen realizar as accións formativas elixidas.

Esta é unha medida deseñada para persoas en desemprego, en situación de ERTE, profesionais que cesaron na actividade ou persoas traballadoras temporais que queiran mellorar o seu emprego.

A maioría das accións formativas pódense realizar mesmo no teléfono móbil.

Cada persoa puido seleccionar varias accións formativas de calquera das áreas de especialización: idiomas, ofimática, informática, márketing, administración de empresas, prevención de riscos laborais. Todas implican competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual.

As accións formativas realizaranse desde a súa inscrición ata o 6 de decembro nun formato integramente en liña e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana. Ao finalizar a acción formativa, cada persoa poderá descargar o manual de formación e obterase un diploma.

Termínase así a formación en liña do segundo semestre do ano 2020 e debido á súa gran demanda programaranse novas accións formativas nesta modalidade para 2021.

Toda a información sobre esta nova formación en liña e as súas particularidades poderase consultar de forma detallada en www.coruna.gal/emprego

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión