Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de diciembre de 2019

O Concello participa na Xornada de Financiamento, unha iniciativa que apoia o emprendemento na cidade

A concelleira Eva Martínez Acón inaugurou este evento que organizan Espazocoop e o Concello no marco dun convenio de colaboración para desenvolveren actividades relacionadas co emprendemento

A concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón, asistiu esta mañá ao acto inaugural da Xornada de Financiamento no Centro de Empresas Municipal A Grela, organizada por Espazocoop e o Concello da Coruña no marco dun convenio de colaboración para desenvolver actividades diversas relacionadas co emprendemento.

A xornada é un evento en que entidades de finanzas éticas e cooperativas poden coñecer 10 proxectos que participan nos programas de apoio ao emprendemento realizados polo Concello da Coruña, e valorar a conveniencia de lles outorgar financiamento responsable. A iniciativa supón un punto de apoio a eses proxectos ao lles ofrecer un abano amplo de entidades financiadoras ás que poder presentarse.

Esta cita pretende mostrar entidades de financiamento responsable e as súas principais características de financiamento entre as persoas promotoras dos proxectos participantes. Ademais, é unha oportunidade única para dar a coñecer proxectos de emprendemento, preferentemente colectivo, ante un foro de financiamento. Outro dos obxectivos desta iniciativa é o de favorecer un networking efectivo para promotores, empresas e persoas autónomas e entidades de financiamento, que permitan afondar no coñecemento mutuo e o establecemento de redes de colaboración que favorezan a creación de emprego.

Acón destacou o evento como unha "intensa xornada na que poremos o foco no modelo da economía social, a economía que prioriza as persoas" e que "nos servirá para valorar moitas propostas e, deste xeito, abrir un camino que confío que nos levará a acadar financiamento por parte das entidades aquí presentes".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión