Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2021

O equipo do P.E. "Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos" fai unha visita privilexiada antes da apertura do festival FFOCO

FFOCO é un festival, proxecto da Asociación Recreativo Cultural Acolá, que dende o seus inicios no ano 2017 impulsa a creación fotográfica, centrándose nos talentos locais e galegos, coidando a diversidade. Ademais de exposicións fotográficas inclúe proxeccións, conversas, obradoiros, etc.

Durante a mañá do día da inauguración o grupo de traballo tivo a oportunidade de percorrer as diferentes exposicións que forman parte do festival dentro da Fundación Luis Seoane. Acompañados por Juan Varela, un dos creadores e impulsores do mesmo, coñeceron o contexto do proxecto, a súa historia e a autoría das obras presentadas. Algunhas das mostras continuaban o seu proceso de montaxe; polo que puideron escoitar da propia persoa implicada (Alba González Vilar, autora e Frank Marcano Requena, comisario) a historia do proceso de creación e a mensaxe que procuran transmitir. 

A quinta edición do festival recibe á cidadanía dende o día 5 de novembro até o 12 de decembro, contando coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello e a Fundación Luis Seoane.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión