Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de maio de 2020

O Servizo Municipal de Emprego publica vídeos de axuda para persoas na procura de traballo

Esta iniciativa da área da Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo consta de pílulas formativas que se suben á web municipal e ás redes sociais para ofrecer recursos na procura de emprego no contexto social e económico provocado pola Covid-19

O Servizo Municipal de Emprego do Concello da Coruña publicou na súa páxina web https://www.coruna.gal/emprego/gl e nas súas redes sociais unha serie de pílulas formativas de curta duración sobre diversas temáticas, co fin de axudar as persoas desempregadas no proceso de procura de emprego.

Son vídeos dinámicos nos que se explica de forma resumida como realizar unha entrevista de traballo a través de vídeo chamada, como poñer en valor a experiencia profesional, cales son os novos sectores profesionais con posibilidades de xerar emprego nesta situación de crise sanitaria, etc.

Este recurso cobra unha especial importancia no contexto social e económico provocado pola Covid-19, xa que a información que se recolle nelas está adaptada ás novas necesidades xeradas pola pandemia no ámbito da formación e o emprego.

Xa se poden   visionar os seguintes vídeos formativos:

"Prestacións e subsidios en tempos da Covid-19"

"O emprego por sectores na crise da Covid-19"

"O uso do smartphone na procura de emprego"

"A planificación da procura de emprego"

"A experiencia é un grao"

"Entrevista de traballo a través da vídeo chamada"

"A formación na procura activa de emprego"

O Servizo Municipal de Emprego continúa deseñando novas pílulas  formativas para dar unha resposta inmediata ás dúbidas expostas polas persoas desempregadas, as que se atopan en situación de  ERTE ou das que queiran mellorar o seu emprego.

As novas publicacións tratarán sobre os trámites administrativos que se poden realizar en liña  (Seguridade Social e  SEPE), como achegar un currículo por correo electrónico, cales son os aspectos esenciais dun contrato de traballo ou cal é valor das prácticas formativas en empresas.

Ademais, o Centro Municipal de Emprego dos Rosales, continúa ao dispor de todas aquelas persoas que necesiten un asesoramento máis específico, a través do teléfono 981 18 43 99 ou do correo electrónico coruña.suma@coruna.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión