Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xullo de 2020

O Servizo Municipal de Emprego reinicia o proxecto Coruña Suma para formar as persoas en situación de desemprego

Póñense en marcha novos itinerarios formativos en sectores profesionais como socorrismo acuático, atención sociosanitaria, hostalaría, oficinas, informática etc.

O Proxecto Coruña Suma, desenvolto polo Servizo Municipal de Emprego do Concello da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, reiniciou a formación presencial no mes de xullo.

Póñense en marcha novos itinerarios formativos en sectores profesionais como socorrismo acuático, atención sociosanitaria, hostalaría, oficinas, informática etc. Toda a formación impartida a través de Coruña Suma conta con teoría e prácticas en empresas.

Os itinerarios que comezaron esta semana son:

•          Socorrismo en instalacións acuáticas

•          Servizo Básico de Restaurante-Bar

•          Elaboración culinaria básica

•          Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

•          Técnicas de recepción e comunicación

•          Programación orientada a obxectos con Java

•          Xestión comercial de clientela con novas tecnoloxías

Desde o Servicio Municipal de Emprego informan de que aínda quedan prazas libres. Deste xeito, todas aquelas persoas que se encontren en situación de desemprego e estean interesadas en formarse deben chamar ao Centro Municipal de Emprego dos Rosales, teléfono 981 184 399, ou enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: coruna.suma@coruna.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión