Concello da Coruña

Concello da Coruña

Observatorio Urbano da Coruña

A información dispersa en múltiples fontes posta a disposición pública nun único soporte require un importante labor de investigación, recompilación, xestión e elaboración documental.

Este uso de indicadores e cuantificadores estandarizados permite a comparación con outros territorios e é de grande axuda para desenvolver e planificar a actividade, tanto pública como privada.

Así mesmo, facilítalle á cidadanía un recurso base para a análise e o coñecemento da cidade en calquera proxecto económico ou social.

O Observatorio Urbano da Coruña é unha ferramenta de traballo dinámica, xeradora de información continua sobre a cidade; un centro de información estatística e un instrumento de visión e planificación urbana futura. O seu obxectivo é solicitar, organizar, concentrar, validar e facilitar a información estatística que xeren os diversos programas e proxectos de xestión municipal, así como outras fontes externas que resulten de interese con datos representativos da cidade.

Esta ferramenta, composta actualmente por 142 indicadores, permite un maior coñecemento da realidade social, económica e ambiental do municipio herculino, ademais de ser útil para a Administración local na súa planificación e posibilitar a detección anticipada das necesidades e demandas emerxentes dos distritos.

A información está estruturada nas seguintes 17 áreas temáticas. Dentro de cada unha delas pódese descargar unha táboa Excel coa información de todos os indicadores que a compoñen, e ademais cada indicador ten a súa propia información (descrición, contido, forma de medición...) que se pode descargar en formato PDF.

Demografía

Neste apartado atópanse os datos poboacionais do municipio da Coruña e a súa distribución segundo sexo, idade e distrito censual, así como a distribución da poboación estranxeira segundo principais nacionalidades e distrito censual. Analízase o crecemento natural e neto da poboación, en función dos nacementos, defuncións, poboación emigrante e inmigrante. Estúdanse os principais indicadores demográficos e de fecundidade, o que nos permite un maior coñecemento da dimensión, estrutura, evolución e características xerais da poboación coruñesa.

Área temática DEMOGRAFÍA en formato Excel

Núm.

INDICADOR

1. DEMOGRAFÍA

1

Distribución da poboación municipal segundo sexo e idade

2

Distribución da poboación municipal segundo sexo e idade por distrito

3

Índice de dependencia xeral por distrito

4

Índice de dependencia xuvenil por distrito

5

Índice de envellecemento por distrito

6

Índice de sobreenvellecemento por distrito

7

Índice de recambio da poboación activa por distrito

8

Taxas de natalidade, mortalidade e crecemento natural

9

Taxa xeral de fecundidade

10

Taxa de crecemento neto

11

Poboación de nacionalidade estranxeira segundo distrito e continente de orixe

Auga

A auga é esencial para a vida. A cantidade de auga doce existente no planeta é limitada e a súa calidade está sometida a unha presión constante. É, por iso, de vital importancia ter un uso responsable dela. Nos indicadores desta sección, contabilízase o consumo de auga por habitante e día, as perdas na rede de abastecemento, así como os resultados dos controis periódicos que se realizan para verificar o estado óptimo da auga potable. Tamén se analiza o rendemento da Estación de Augas Residuais de Bens.

Área temática AUGA en formato Excel

N.º

INDICADOR

2. SECTORES AMBIENTAIS CLAVE: AUGA

12

Balance hídrico

13

Número anual de deteccións de inadecuación na calidade da auga potable

14

Consumo de auga por habitante ao día

15

Consumo de auga na Coruña por sectores

16

Porcentaxe de perdas na rede de abastecemento

17

Orzamento anual dedicado á renovación de redes de abastecemento e saneamento por cada 1.000 habitantes

18

Rendemento da Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens

19

Balance enerxético da Edar de Bens

Residuos

A correcta xestión dos residuos é un requisito imprescindible e prioritario para poder conseguir un verdadeiro desenvolvemento sostible. Para iso, é necesario contabilizar os residuos urbanos xerados no municipio da Coruña segundo a súa orixe, a cantidade de colectores segundo tipoloxía e ambos os factores poñelos en relación co número de habitantes para poder realizar as valoracións pertinentes. Tamén se rexistra a cantidade de compost que se produce na planta de Nostián, como produto derivado dos residuos urbanos orgánicos que se xeran.

Área temática RESIDUOS en formato Excel

N.º

INDICADOR

2. SECTORES AMBIENTAIS CLAVE: RESIDUOS

20

Residuos urbanos xerados por habitante ao día

21

Distribución dos residuos que entran á planta de Nostián segundo orixe

22

Recollida selectiva de papel-cartón e vidro

23

Número de habitantes por tipo de colector

24

Cantidade de compost producido na planta de Nostián

Enerxía

Os procesos enerxéticos son directamente responsables de gran parte das emisións contaminantes e de gases de efecto invernadoiro que recibe a atmosfera. Neste apartado, contabilizamos o consumo de gas natural por sectores de actividade, ademais de rexistrar a produción de enerxía eléctrica das plantas de biogás situadas no vertedoiro municipal de Bens e na Planta de tratamento de residuos urbanos de Nostián.

Área temática ENERXÍA en formato Excel

N.º

INDICADOR

2. SECTORES AMBIENTAIS CLAVE: ENERXÍA

25

Consumo de gas natural por sectores

26

Produción enerxética municipal

Calidade do aire e do ruído

A contaminación do aire representa un importante risco ambiental para a saúde. É por iso que se fai necesario analizar a calidade do aire ambiental local, así como as emisións de dióxido de carbono e outros contaminantes á atmosfera, como mostran os indicadores desta sección. Doutra banda, a contaminación por ruído nas nosas cidades está a aumentar e prexudicar as vidas de moitos cidadáns e cidadás. Desta maneira, os indicadores que se mostran a continuación, mostran a porcentaxe de habitantes expostos a niveis de ruído globais (mañá, tarde, noite) e nocturno, así como a análise concreta dos niveis de ruídos en zonas acusticamente saturadas.

Área temática AIRE E RUÍDO en formato Excel

N.º

INDICADOR

2. SECTORES AMBIENTAIS CLAVE: CALIDADE DO AIRE E RUÍDO

27

Contribución per cápita ao cambio climático. Emisións de CO2 no municipio da Coruña

28

Calidade do aire ambiental local

29

Emisións per cápita de contaminantes atmosféricos

30

Porcentaxe de habitantes expostos a niveis de ruído globais (Lden) superiores a 65 dB

31

Porcentaxe de habitantes expostos a niveis de ruído nocturno (Ln) superiores ao recomendado na Directiva Europea de Ruído Ambiental

32

Niveis de ruído en zonas acusticamente saturadas (ZAS)

Contorna litoral

Neste apartado, recóllese información sobre a calidade das augas de baño das praias, así como o diagnóstico ecolóxico e químico da ría da Coruña elaborado por Augas de Galicia. Analízase a calidade da auga da ría da Coruña en diferentes puntos de medición e lévase un control das actividades nocivas para a nosa contorna litoral, tales como as verteduras non autorizadas efectuadas á canle da ría e os derrames de hidrocarburos vertidos no Porto da Coruña.

Área temática CONTORNO LITORAL en formato Excel

N.º

INDICADOR

2. SECTORES AMBIENTAIS CLAVE: CONTORNA LITORAL

33

Calidade da auga nas praias da Coruña

34

Número de praias na Coruña con bandeira azul e porcentaxe que representan respecto ao total

35

Número de praias na Coruña certificadas coa ISO 14001 de xestión ambiental

36

Diagnóstico do estado ecolóxico e químico da ría da Coruña

37

Número de actuacións de limpeza por verteduras significativas de hidrocarburos no Porto da Coruña

38

Calidade da auga na ría da Coruña

39

Número de verteduras non autorizadas efectuados á canle da Ría da Coruña e ao mar

Transporte e mobilidade

Neste apartado, contabilízanse o número de vehículos por cada mil habitantes, o número de prazas de aparcamento por cada cen turismos, a intensidade media diaria de tráfico nas principais vías da Coruña, así como o uso do transporte público municipal e do servizo Bicicoruña. Tamén se analiza a actividade nos distintos medios de transporte que dan acceso á cidade, número de pasaxeiros/as e transporte de mercadorías nas estacións de ferrocarril, o Porto da Coruña, a Estación de autobuses e o Aeroporto de Alvedro.

Área temática TRANSPORTE E MOBILIDADE en formato Excel

N.º

INDICADOR

3. TRANSPORTE E MOBILIDADE

40

Número de vehículos por cada 1.000 habitantes

41

Intensidade media diaria de tráfico nas principais vías da Coruña

42

Persoas usuarias ao día do transporte público municipal por cada 1.000 habitantes

43

Evolución das persoas usuarias das liñas de transporte público

44

Persoas usuarias do servizo Bicicoruña

45

Lonxitude total do carril bici

46

Evolución da actividade do Porto da Coruña

47

Evolución da actividade do Aeroporto de Alvedro

48

Evolución da actividade da Estación de autobuses da Coruña

49

Evolución da actividade da Estación de ferrocarril da Coruña

Espacio urbano

En este apartado se contabiliza la superficie de zonas verdes del municipio de A Coruña y se pone en relación con el número de habitantes para verificar si se cumplen los estándares mundiales de recomendación. Así mismo, las áreas de juego infantil y biosaludables proporcionan beneficios que reportan en el bienestar físico y emocional de las personas. Por este motivo, se lleva un seguimiento no solo del número de áreas de juego infantil y biosaludables, si no de la capacidad estimada que tienen en relación a la población de referencia.

Área temática ESPAZO URBANO en formato Excel

INDICADOR

4. ESPAZO URBANO

51

Densidade de poboación por distrito

52

Superficie de zonas verdes por habitante na Coruña

53

Número de áreas de xogo infantil-biosaudables e capacidade estimada

Sectores económicos

Contabilízanse as actividades económicas no municipio da Coruña, así como a súa distribución por sector de actividade e a taxa de peche. Analízase a distribución das empresas segundo a súa condición xurídica, sector de actividade principal e número de persoas asalariadas. O turismo tamén é un motor importante na economía dunha cidade como A Coruña, por iso leva un seguimento do grao de ocupación hostaleira, a estancia media en establecementos hostaleiros, o número de cruceiristas e a cantidade de consultas presenciais efectuadas nas oficinas de turismo.

Área temática SECTORES ECONÓMICOS en formato Excel

N.º

INDICADOR

5. ECONOMÍA E EMPREGO: SECTORES ECONÓMICOS

54

Número de actividades económicas censadas no municipio

55

Distribución de actividades económicas segundo o sector de actividade

56

Taxa anual de peche de actividades económicas por sector de actividade

57

Número de empresas no municipio da Coruña segundo condición xurídica

58

Distribución das empresas segundo o sector da actividade principal

59

Distribución de empresas segundo o número de persoas asalariadas

60

Número de empresas con Autorización Ambiental Integrada

61

Estancia media anual en establecementos hostaleiros da Coruña

62

Grao de ocupación hostaleira na cidade

63

Número de persoas atendidas nas oficinas de turismo

64

Número de cruceiristas

65

Persoas beneficiarias de accións municipais de fomento do emprego e a actividade económica

Emprego

Analízase a distribución da poboación de 16 e máis anos segundo a súa relación coa actividade económica, a distribución da poboación ocupada por sector económico e situación profesional. Lévase un seguimento dos indicadores da taxa de paro, a taxa de actividade e a taxa de ocupación. Tamén constan os datos da poboación parada segundo sexo e idade, nivel académico e sección de actividade. A sinistralidade laboral segundo sexo e idade, nivel académico e sección de actividade económica tamén se atopa reflectida neste apartado.

Área temática EMPREGO en formato excel

N.º

INDICADOR

5. ECONOMÍA E EMPREGO: EMPREGO

66

Distribución da poboación de 16 e máis anos segundo a relación coa actividade económica

67

Distribución da poboación activa segundo o sexo

68

Taxa de actividade

69

Taxa de ocupación

70

Distribución da poboación ocupada por sector económico

71

Distribución da poboación ocupada segundo a situación profesional

72

Taxa de paro

73

Distribución da poboación parada segundo sexo e idade

74

Distribución da poboación parada segundo sexo e nivel académico

75

Distribución da poboación parada segundo a sección de actividade económica

76

Porcentaxe de desemprego de longa duración segundo sexo

77

Porcentaxe de poboación asalariada con contrato temporal

78

Sinistralidade laboral segundo sexo e gravidade

79

Sinistralidade laboral segundo tipo de contratación e gravidade

80

Sinistralidade laboral segundo sector de actividade e gravidade

Vivenda

Preséntanse os datos dispoñibles das principais fontes oficiais en canto ao número de vivendas construídas, principais, secundarias e desocupadas, así como vivendas en propiedade e en alugueiro. Tamén constan os datos do número de vivendas cualificadas de protección pública e o número de demandantes dela. Realízase un seguimento do prezo medio do metro cadrado da vivenda libre de menos e de máis de cinco anos de antigüidade, así como os datos máis relevantes sobre rehabilitación e inspección técnica de edificios.

Área temática VIVENDA en formato excel

N.º

INDICADOR

6. CALIDADE DE VIDA: VIVENDA

81

Número de vivendas construídas por hectárea e distrito

82

Porcentaxe de vivenda principal na Coruña por distrito

83

Porcentaxe de vivenda secundaria na Coruña por distrito

84

Porcentaxe de vivenda desocupada na Coruña por distrito

85

Número de vivendas cualificadas de protección pública
 86

Número de demandantes de vivenda protexida no municipio da Coruña

87

Prezo medio do metro cadrado da vivenda de menos de cinco anos de antigüidade

88

Prezo medio do metro cadrado da vivenda de máis de cinco anos de antigüidade

89

Porcentaxe de vivendas principais en propiedade

90

Porcentaxe de vivendas principais en réxime de alugueiro

91

Número de vivendas que recibiron subvención para rehabilitación

92

Subvencións para obras de rehabilitación de edificios e vivendas

93

Distribución dos expedientes de inspección técnica de edificios segundo o estado

Educación

Recóllense datos da distribución da poboación coruñesa de 16 e máis anos segundo sexo e nivel de estudos, que nos permite calcular a taxa de analfabetismo por sexo no municipio da Coruña. Lévase un seguimento dos resultados obtidos a final de curso do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria de centros públicos e privados para valorar a porcentaxe del que non promociona. Outro dos aspectos que contabilizamos son o número de prazas autorizadas para o primeiro ciclo de Educación Infantil de iniciativa pública, privada ou social, poñéndoo en relación coa poboación á que vai dirixida para valorar se a oferta cobre a demanda existente.

Área temática EDUCACIÓN en formato excel

N.º

INDICADOR

6. CALIDADE DE VIDA: EDUCACIÓN

94

Distribución da poboación maior de 16 anos segundo o sexo e o nivel de estudos

 95

Taxa de analfabetismo por sexo

96

Número de prazas autorizadas para o primeiro ciclo de Educación Infantil por cada 100 nenos/as

97

Índice de fracaso escolar

98

Uso dos servizos das bibliotecas municipais

99

Número de escolares participantes nos programas municipais de educación ambiental

Sanidade e saúde

Neste apartado contémplanse os principais indicadores de saúde da poboación: esperanza de vida segundo sexo, taxa de baixo peso ao nacer, taxa de mortalidade infantil e taxa de anos de vida potencialmente perdidos segundo sexo. Este último, permítenos coñecer a mortalidade prematura no municipio da Coruña. Lévase un seguimento do número de camas hospitalarias e dos recursos humanos sanitarios, poñéndoos en relación coa poboación coruñesa, o que nos permite poder realizar comparativas.

Área temática SANIDADE E SAÚDE en formato Excel

N.º

INDICADOR

6. CALIDADE DE VIDA: SANIDADE E SAÚDE

100

Esperanza de vida ao nacer segundo o sexo

101

Taxa de baixo peso ao nacer

102

Taxa de mortalidade infantil

103

Taxa de anos de vida potencialmente perdidos

104

Número de camas hospitalarias por cada 1.000 habitantes

105

Recursos humanos sanitarios en atención primaria por cada 10.000 habitantes

Benestar social

Móstrase a distribución dos fogares segundo ingresos mensuais, grao de dificultade para chegar a fin de mes, así como a taxa de risco de pobreza. Contabilízase a poboación beneficiaria da Renda de Integración Social de Galicia e de Axudas de Inclusión Social segundo sexo, así como a poboación que recibe prestacións públicas contributivas e non contributivas segundo sexo e tipo de pensión. Tamén se contabiliza o número de prazas autorizadas en residencias de terceira idade e centros de día, de iniciativa pública, privada ou social e ponse en relación coa poboación maior da cidade para dispoñer dos datos suficientes que nos permitan a valorar a oferta en función da demanda. Os últimos indicadores deste apartado teñen por obxecto coñecer a situación da violencia de xénero na Coruña. Trátase dos catro principais indicadores que manexa o Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial. Analízanse as denuncias interpostas nesta materia e as ordes de protección adoptadas.

Área temática BENESTAR SOCIAL en formato excel

N.º

INDICADOR

6. CALIDADE DE VIDA: BENESTAR SOCIAL

106

Distribución dos fogares segundo os ingresos mensuais

107

Ingreso medio mensual por fogar

108

Rendemento medio declarado no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas

109

Distribución dos fogares segundo o grao de dificultade de chegar a fin de mes

110

Poboación beneficiaria da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) segundo sexo

111

Poboación beneficiaria de Axudas de Inclusión Social segundo sexo

112

Taxa de risco de pobreza

113

Porcentaxe de poboación beneficiada de prestacións públicas contributivas

114

Poboación beneficiaria de prestacións públicas non contributivas segundo sexo e tipo de pensión

115

Grao de cobertura das necesidades de anciáns e anciás

116

Número de persoas usuarias dos programas municipais para persoas con limitacións na súa autonomía

117

Número de mulleres vítimas de violencia de xénero por cada 10.000 mulleres

118

Número de denuncias por violencia sobre a muller desagregadas por quen as presentou

119

Porcentaxe de denuncias por violencia de xénero nas que a vítima se acolle á dispensa da obriga de declarar

120

Porcentaxe de ordes de protección adoptadas

Cultura e deporte

Neste apartado contabilízase o número de abonados nas instalacións deportivas municipais. Tamén se analiza a asistencia aos cinemas, teatros e museos presentes na cidade, cuxos datos se presentan desagregados por instalación.

Área temática CULTURA E DEPORTE en formato Excel

N.º

INDICADOR

6. CALIDADE DE VIDA: CULTURA E DEPORTE

121

Número de abonadas/os nas instalacións deportivas municipais

122

Número de butacas de cinema na Coruña e asistencia anual por habitante

123

Asistencia ao teatro por número de habitantes

124

Número de visitas aos museos da Coruña

Seguridade cidadá

Analízase o número de infraccións penais rexistradas por cada mil habitantes segundo a tipoloxía, o que nos permite calcular a Taxa de criminalidade no municipio da Coruña. Ademais calcúlase o grao de incumprimento das ordenanzas municipais por cada mil habitantes. Rexístrase o número de accidentes de tráfico e as persoas feridas e falecidas neles. Contabilízase o número de intervencións do Servizo de Bombeiros e a súa dedicación para extinguir incendios e achicar inundacións.

Área temática SEGURIDADE CIDADÁ en formato Excel

N.º

INDICADOR

6. CALIDADE DE VIDA: SEGURIDADE CIDADÁ

125

Número de infraccións penais rexistradas por cada mil habitantes, segundo tipoloxía

126

Taxa de criminalidade

127

Grao de incumprimento das ordenanzas municipais por cada 1.000 habitantes

128

Número anual de accidentes de tráfico no municipio por cada 1.000 habitantes

129

Persoas feridas por cada 1.000 accidentes de tráfico na Coruña

130

Persoas falecidas por cada 1.000 accidentes de tráfico na Coruña

131

Dedicación anual do servizo de bombeiros aos incendios

132

Dedicación anual do servizo de bombeiros ás inundacións

Información e participación cidadá

Neste apartado, lévase un seguimento da participación electoral dos diferentes comicios: Parlamento Europeo, eleccións xerais, autonómicas e municipais. Analízase a representación feminina no Pleno Municipal e no cadro de persoal do concello segundo grupo e subgrupo desempeñado. Dispóñense os datos do número de asociacións existentes no municipio da Coruña segundo a tipoloxía, poñéndoas en relación coa poboación coruñesa. Contabilízanse as chamadas recibidas polo servizo de información e atención telefónica 010 e calcúlase a porcentaxe de chamadas atendidas dentro do horario, así como as peticións de información en liña respondidas. Lévase un seguimento das suxestións, reclamacións e incidencias tramitadas, e da porcentaxe de suxestións e reclamacións respondidas no prazo de tres meses desde a súa gravación no sistema.

Área temática INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN CIDADÁ en formato Excel

N.º

INDICADOR

7. INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

133

Participación electoral nas eleccións ao Parlamento Europeo

134

Participación electoral nas eleccións xerais

135

Participación electoral nas eleccións autonómicas

136

Participación electoral nas eleccións municipais

137

Representación feminina no Pleno Municipal

138

Representación feminina no cadro de persoal do concello

139

Número de asociacións por cada mil habitantes na Coruña

140

Distribución das asociacións segundo a tipoloxía na Coruña

141

Consultas ao servizo de información e atención telefónica á cidadanía

142

Suxestións, reclamacións e incidencias tramitadas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión