Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Devolución da taxa de lixo por cese de actividade a causa do covid19

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior resolveu, por delegación da Alcaldía, estimar as solicitudes de devolución por rateo na taxa correspondente ao servizo de recollida e tratamento de lixos e residuos sólidos urbanos a favor de todos os establecementos comerciais e de hostalería recollidos nos epígrafes sinalados na dita Resolución de data 02.11.2020 e que se viran afectados polo cesamento de actividade por mor do virus COVID19 ( Resolución para adoptar instrucciones respecto al prorrateo de la tasa de basura consecuencia del covid19 ).

Así, e respecto ao procedemento a seguir para facer efectiva a devolución da antedita taxa polo periodo de tempo que permaneceron pechados, atenderase as seguintes consideracións:

  1. Os establecementos que figuren dados de alta no censo de actividades económicas no epígrafe 5.3.2 de hostalería e xa tiveran abonado a taxa correspondente ao servizo de recollida e tratamento de lixos e residuos sólidos urbanos do exercicio 2020, poderán presentar o modelo de solicitude 118 de declaración responsable aos efectos de tramitación da devolución por parte do servizo de Xestión Tributaria. ( Mod 118 Declaración responsable cese actividad hostelería )
  2. Respecto aos establecementos que figuren dados de alta no censo de actividades económicas no epígrafe 5.3.2 de hostalería e todavía non abonaron a taxa correspondente ao servizo de recollida e tratamento de lixos e residuos sólidos urbanos do exercicio 2020, o Servizo de Xestión Tributaria xa tramitou a baixa das liquidacións por todo o exercicio 2020, procedendo dentro do primeiro trimestre do ano 2021 a efectuar a oportuna liquidación deducindo a parte correspondete ao tempo que permaneceron pechados. ( Resolución para adoptar instrucciones respecto al prorrateo de la tasa de basura a la hostelería )

  1. Os establecementos que figuren dados de alta no censo de actividades económicas nos restantes epígrafes que sinala a antedita Resolución de 02.11.2020 e cuxa actividade viuse afectada polo peche ou cesamento de actividade por mor do primeiro estado de alarma, poderán presentar o modelo de solicitude 117 de devolución da taxa de lixo, coa acreditación dos requisitos que no dito formulario se sinalan. ( Mod 117 Devolución por prorrateo de la tasa de basura por cese 1º estado de alarma )

Aclaración:

Aos efectos da presentación do modelo 117 de devolución por rateo da taxa de lixo por cesamento de actividade por mor da declaración do estado de alarma, os contribuíntes que fosen autónomos e non tiveran traballadores ao seu cargo acollidos a un ERTE, deberán presentar copia da solicitude de prestación económica extraordinaria por cese de actividade presentada ante a Seguridade Social, regulada no artigo 17 do Real Decreto-Lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

  • Listaxe de epígrafes correspondentes as actividades que resultarían beneficiadas da posibilidade de devolución por rateo da taxa de lixo

    A) COMERCIO

    GRUPO 651. COMERCIO POLO MIÚDO DE PRODUTOS TÉXTILES, CONFECCIÓN, CALZADO, PELES E ARTIGOS DE COIRO.

    GRUPO 653. COMERCIO POLO MIÚDO DE ARTIGOS PARA O EQUIPAMENTO DO HOGAR E A CONSTRUCCION.

    GRUPO 656. COMERCIO POLO MIÚDO DE BENS USADOS TALES COMO MOBLES, PEZAS E AVEÑOS ORDINARIOS DE USO DOMESTICO.

    GRUPO 657. COMERCIO POLO MIÚDO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS EN XERAL, ASÍ COMO DOS SEUS ACCESORIOS.

    GRUPO 659. OUTRO COMERCIO POLO MIÚDO.

    Dentro do GRUPO 652 , só as actividades comprendidas nos epígrafes

    652.3.- Comercio polo miúdo de produtos de perfumería e cosmética, e de artigos para a hixiene e o aseo persoal.

    652.4.- Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herboristarías .

    GRUPO 972 SALÓNS DE BARBERÍA E INSTITUTOS DE BELEZA.

    B) HOSTALERIA

    GRUPO 671. SERVIZOS EN RESTAURANTES.

    GRUPO 672. EN CAFETERÍAS.

    GRUPO 673. EN CAFÉS E BARES, CON E SEN COMIDA.

    GRUPO 676. SERVIZOS EN CHOCOLATERÍAS, XEADERÍAS E HORCHATERÍAS.

    GRUPO 681. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN HOTEIS E MOTELES.

    GRUPO 682. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN HOSTAIS PENSIÓNS.

    GRUPO 683. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN FONDAS E CASAS DE HÓSPEDES ASI COMO O DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS AGRÍCOLAS QUE NON SEXAN DECLARADOS COMO ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA A UNHA ACTIVIDADE AGRICOLA, GANDEIRA Ou FORESTAL.

    GRUPO 684. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN HOTEIS APARTAMENTOS.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión