Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xuño de 2022

O Concello da Coruña recibiu case 4.000 solicitudes de bolsas comedor para o próximo curso, o maior número da historia do programa

O Concello publicou a listaxe para a emenda de documentación das persoas solicitantes desta axuda, que beneficiará a máis de 3.000 menores e á que o Goberno municipal destina máis de dous millóns de euros

O Concello da Coruña publicou hoxe a listaxe para a emenda de documentación das persoas solicitantes das bolsas comedor para o vindeiro curso escolar, o maior número da historia do programa con 3.949 solicitudes, o que supón 559 solicitudes máis (un 16,5 %) que o pasado curso. O prazo para emendar a documentación será do 14 ao 28 de xuño, ambos os días incluídos.

Das solicitudes recibidas, un total de 2.652 (o 78,6 %) presentaron a documentación completa, foron valoradas e terán asegurada a concesión da bolsa comedor. Un 13,9% das solicitudes recibidas teñen que emendar documentación xustificativa doutras circunstancias distintas da situación económica da unidade familiar (apartado 11 da convocatoria).

Por outra banda, un 18,9 % das solicitudes teñen que emendar documentación referida á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e apartado 10 da convocatoria. En caso de non atender este requirimento ou non facelo adecuadamente darase por desistida a petición.

O Goberno de Inés Rey destina 2.050.000 euros para que máis de 3.000 menores poidan beneficiarse destas achegas.

Estas axudas municipais supoñen a contía total nos centros públicos e unha achega mensual de 80 euros nos centros concertados ou privados, que pode chegar a 98 euros en función de determinadas circunstancias. Vai destinada a nenos e nenas de Educación Infantil de Segundo Ciclo e Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión