Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consulta pública previa sobre o anteproxecto da nova ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización da vía pública por parte das empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil

O Concello da Coruña eleva a consulta pública previa o anteproxecto da Ordenanza municipal reguladora da taxa por utilización privativa e aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo da vía pública a favor de empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil, que se prevé que entre en vigor no ano 2022.

A cidadanía poderá achegar as súas suxestións a través deste formulario habilitado na web municipal e para iso disporá dun prazo de 20 días hábiles (que se contarán a partir do 31.08.2021 e que finalizarán o 27.09.2021, ambos incluídos).

O obxectivo desta iniciativa consiste en fomentar a participación cidadá na redacción definitiva da devandita ordenanza, coa que se pretende regular a instalación de dispositivos de empresas de telefonía móbil na vía pública e, a maiores, dar así cumprimento á lexislación comunitaria vixente nesa materia.

Esta nova ordenanza regulará o establecemento dunha taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial constituído no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais e outros bens públicos, por parte das empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil cuxos servizos se presten mediante o uso total ou parcial de recursos da súa titularidade tales como antenas, microceldas, redes ou instalacións que ocupen materialmente o dominio público municipal.

A participación da cidadanía nos procedementos de elaboración de normas con rango de lei e regulamentos regúlase no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Nel establécese que, con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto da nova normativa, levarase a cabo unha consulta pública, a través do portal web da Administración competente, na que se solicitará a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma acerca dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Achégase como anexo un borrador co posible contido da ordenanza, sen prexuízo da súa modificación durante o proceso da súa elaboración definitiva.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión