Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de novembro de 2017

A edil de Igualdade e Diversidade presenta no Parlamento Europeo, xunto a representantes municipais de toda Galicia, a campaña 'En negro contra as violencias machistas'

Rocío Fraga solicita ás institucións supramunicipais “que incorporen a loita contra as violencias machistas no centro da súa política”

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, participou esta mañá en Bruxelas, no Parlamento Europeo, na presentación da campaña En negro contra as violencias machistas, iniciativa da que forma parte o Concello da Coruña xunto a outros 71 municipios de toda Galicia, e que ten como obxectivo concienciar e implicar á cidadanía na loita contra contra esta situación. A acción, que se acompaña desde hai dous anos co tinguido de loito de establecementos e equipamentos públicos nas cidades galegas, trasladouse este martes ás portas da Eurocámara, cuxo acceso cubriuse de negro.  

A edil de Igualdade, que participou tanto na proposta no exterior do Parlamento como na presentación ás eurodeputadas e eurodeputados da campaña, destacou que, con esta iniciativa,  "as administracións locais, as máis próximas á cidadanía, queremos trasladar e dar a coñecer este pacto contra as violencias machistas que promovemos desde Galicia para pedir tamén, tanto ás institucións e entidades europeas como súa cidadanía, que se corresponsabilice, e que tome en serio unha loita que nos afecta a todas", explica Fraga. "Hoxe, en Bruxelas, 72 concellos galegos queremos interpelar ás institucións supramunicipais para que incorporen, como punto central da súa política, a loita contra as violencias machistas", afirmou a edil.

No ano 2015 un 13% das mulleres residentes no Estado, de máis de 16 anos, declararon ter sufrido algún tipo de violencia física ou sexual por parte da súa parella ou ex-parella, e desde o ano 2003, até maio de 2017, a Delegación do Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 no Estado. "Non só compre a posta en marcha e aplicación dun pacto a nivel estatal, senón que as políticas contra as violencias machistas deben situarse no centro da acción de todas as administracións", incidiu Fraga.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión