Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de maio de 2017

A II Barbería Solidaria terá lugar o vindeiro 10 de xuño en Méndez Núñez en favor da Asociación de Esclerose Múltiple ACEM

A concelleira de Igualdade e Diversidade valora a visibilidade que este tipo de iniciativas fomentan, tanto do labor das entidades como da propia enfermidade, entre a cidadanía

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou este venres a II edición da Barbería Solidaria, unha iniciativa na que barbeiros e barbeiras de dentro e fóra de Galicia daranse cita na cidade, o vindeiro 10 de xuño, para participar nun acto benéfico a beneficio dunha entidade sen ánimo de lucro, que neste 2017 será, por segundo ano consecutivo, a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple ACEM. Nesa xornada, entre as 15.00 e as 21.00 horas, 70 profesionais chegados de Sevilla, Córdoba, Barcelona, Valladolid, Asturias e León, e procedentes tamén de diferentes cidades galegas, daranse cita nos  xardíns de Méndez Núñez (xunto ao palco da música) para traballar en favor desta asociación. Como salientou a responsable municipal durante a presentación, o obxectivo da acción é "aumentar as canles de visibilidade da esclerose múltiple entre a cidadanía, ademais de visibilizar a entidade ACEM e o seu labor", e acadar uns fondos que irán destinados ao mantemento dos servizos socio-sanitarios e favorecer a mellor calidade de vida das persoas con diversidade funcional que forman parte desta asociación. Como recordou, na pasada edición a iniciativa logrou reunir preto de 2.000 euros para estes fins.

Na presentación desta mañá estivo presente, xunto coa concelleira, a vicepresidenta de ACEM, Sonia García Erias, quen salientou a importancia da visibilidade, de cara a poder dar respaldo e apoio a todas as persoas afectadas, directa ou indirectamente, por esta doenza, e quen fixo mención ao barbeiro coruñés José Segundo Mallo, promotor desta iniciativa, agradecendo tamén a colaboración que presta o Concello. Ao longo da xornada haberá, ademais da sesión de barbería -cun custe de 7 euros por afeitado ou por corte de cabelo- haberá música por conta da DJ La Isla e do concerto, ás 18.00 horas, de Tequila Road. Ademais, a partir das 16.00 horas está prevista a chegada do grupo moteiro Solidaridade sobre rodas Km-0.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión