Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2017

A Policía Local participará xunto con numerosas entidades locais da sociedade diversa nunha xornada formativa sobre identificacións non discriminatorias, no marco do programa PIPE

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, que tamén tomará parte nesta acción, pon en valor o “traballo colaborativo, para establecer procedementos que procuren a eficacia da acción policial garantindo unha actuación respectuosa coas diversidades”

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, participará mañá, xoves, na Xornada Internacional de Formación sobre Identificacións Policiais Eficaces e Non Discriminatorias que se desenvolve esta semana no Concello no marco do Programa PIPE, dirixido a previr as identificacións con nesgo discriminatorio, mellorar a eficacia da Policía Local na súa loita contra os delitos de odio e impulsar a participación cidadá. Esta acción formativa, organizada pola Plataforma pola Xestión Policial da Diversidade en colaboración coa Policía Local da Coruña, ten como obxectivo esencial a formación de responsables municipais, altos mandos policiais e persoal directivo de organizacións non gobernamentais no que ten que ver coa política de identificacións policiais. Nela participarán, xunto cos representantes e persoal municipal, numerosas asociacións e entidades locais da sociedade diversa, relacionadas con colectivos migrantes, dereitos humanos e vulnerabilidade social. A finalidade, como salienta a responsable municipal de Igualdade e Diversidade, e que ten atribuídas as competencias en seguridade cidadá, pasa por "seguir avanzando de forma colaborativa para establecer os procedementos que garantan a eficacia da acción policial contra calquera nesgo discriminatorio, garantindo unha actuación respectuosa cos dereitos humanos e coas diversidades, dentro dunha visión comunitaria da Policía".

A xornada, que se desenvolverá ao longo de dúas sesións -xoves pola tarde e o venres pola mañá na aula de formación da Policía Local e no Concello-, estará dirixida polo criminólogo norteamericano Joel Miller, doutor en Socioloxía pola Universidad de Surrey (Reino Unido), Oficial Principal de Investigación do  Ministerio do Interior do Reino Unido e profesor do Instituto Universitario de Criminoloxía de Málaga, e contará con persoal especializado procedente de diversas organizacións non gobernamentais a nivel internacional, como Open Society Justice Initiative dos EE.UU., Rigths International Spain, SOS Racismo, ACCEM, RAIS Fundación ou Red Acoge.​ Dentro das sesións haberá unha parte técnica, dirixida a mandos intermedios dos servizos policiais que planifican e controlan as identificacións policiais para dar a coñecer o uso de ferramentas informáticas que faciliten a análise desta operativa policial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión