Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2017

A Praza de María Pita acolle un minuto de silencio en solidariedade coa familia do menor asasinado en Oza-Cesuras e en contra de calquera manifestación de violencia machista

O alcalde, Xulio Ferreiro, recordou que “o Concello está a disposición da familia da vítima”. “Á espera de que se pronuncie a xustiza, esta concentración non só é de apoio á familia, senón que mostra o rexeitamento de toda a cidade ás violencias machistas”, indicou

A Praza de María Pita acolleu este mediodía un minuto de silencio convocado polo Concello da Coruña en repulsa contra o asasinato do menor cuxo corpo foi atopado o pasado luns en Oza-Cesuras e como mostra de solidariedade á familia a e achegados da vítima deste presunto caso de violencia machista. Na concentración participaron tanto os e as integrantes do Goberno local, así como representantes do resto de formacións integrantes da Corporación, persoal dos corpos de seguridade do Concello, traballadores e traballadoras municipais e veciños e veciñas da cidade. O alcalde, Xulio Ferreiro, destacou "a consternación e a raiba" que está a experimentar toda a cidadanía da Coruña con este crime. "Esta non foi a única manifestación de repulsa ao asasinato e de solidariedade cos e coas achegadas da vítima que ten lugar esta xornada na nosa cidade, entre elas, en todos os centros de traballo municipais", indicou o primeiro edil, que engadiu que "o Concello está a disposición da familia".

"Todos estes actos son mostras de solidariedade e condolencias á familia da vítima, pero tamén son mostras de confirmación do rexeitamento de toda a cidade da Coruña e da Corporación municipal á violencias machistas. Á espera da confirmación oficial por parte da Xustiza, á que agora temos que deixar actuar, estamos ante un dos casos máis crueis de violencia machista na que as persoas máis vulnerables, os menores, son os que se converten en vítimas", manifestou o alcalde, que insistiu na necesidade de "visibilizar, con todos os recursos posibles, a loita e o rexeitamento ante a violencia machista". O Concello da Coruña afronta hoxe a súa segunda xornada de loito oficial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión