Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de agosto de 2017

O certame Elvira Bao sobre recuperación da memoria das mulleres que contribuíron á transformación da sociedade mantén aberto o prazo de recepción de traballos

O premio, posto en marcha no marco da programación de actividades do Día Internacional da Muller, está dotado con diversos galardóns por valor conxunto de 15.000 euros. A data de presentación de proxectos remata o vindeiro 8 de novembro

A Concellería de Igualdade e Diversidade, dirixida por Rocío Fraga, recorda que o prazo de presentación de proxectos e traballos sobre a memoria e a historia invisibilizada das mulleres, dentro do Premio Elvira Bao Maceiras, remata este 8 de novembro, ás 14.00 horas. Dotado con premios que, en conxunto, chegan aos 15.000 euros, este galardón foi impulsado polo Concello no marco da programación de actividades do Día Internacional da Muller, que, por primeira vez na historia da Coruña, foi considerado día festivo.

"As mulleres foron e son motor de transformación da sociedade, como foi o caso de Elvira Bao, pero fai falla que sexamos conscientes diso. Este premio naceu coa vocación de rescatar unha historia oculta e de invisibilidade: a dos saberes e os traballos de moitas mulleres", comentou Fraga, que animou á cidadanía a participar no certame. A primeira edición do mesmo está aberta tanto para persoas físicas maiores de idade, xa sexa de forma individual ou colectiva, así como a empresas, institucións e entidades sen ánimo de lucro. As creacións ou proxectos que se presenten deben ser inéditos e ter a capacidade de materializarse en accións concretas ou nun produto tanxible. No caso de traballos narrativos e literarios deben estar escritos en galego e empregar unha linguaxe inclusiva.

O Premio Elvira Bao Maceiras conta con dúas categorías. Unha primeira de investigación á que poden presentarse traballos que sexan resultado de procesos de indagación ou recompilación de datos e feitos. Existe tamén unha segunda categoría de produción de obra á que poden presentarse traballos de creación artística, material ou intelectual en calquera soporte ou formato. Cada categoría conta con dous premios. Un do xurado, de 5.000 euros, e outro do público de 2.500 euros. Está previsto que a entrega de premios teña lugar o vindeiro 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos. O premio do público outorgarse a través dun sistema de votación electrónica que se habilitará na web do Concello.

Os traballos deben ser presentados no rexistro xeral do Concello, de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas. As bases do certame poden ser consultadas na propia web municipal da Concellería de Igualdade.

Documentos:

Bases do Oremio Elvira Bao Maceiras (4 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión