Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xullo de 2017

O Goberno local mellora a accesibilidade da atención cidadá ao ampliar os servizos de vídeo-interpretación en lingua de signos

A Concellería de Igualdade e Diversidade prevé no novo contrato a creación e despregamento de novos postos de atención, á fin de avanzar na accesibilidade universal na Administración local

A Concellería de Igualdade e Diversidade procederá a licitar nas vindeiras datas o novo contrato do servizo de vídeo-interpretación en lingua de signos, co obxectivo de garantir a accesibilidade e non discriminación das persoas xordas ou con discapacidade auditiva aos servizos de atención cidadá do Concello. A licitación supón a posibilidade de dispoñer dunha bolsa de horas de vídeo-interpretación online para rexistros e atención cidadá directa, ademais da interpretación doutras iniciativas municipais, prevé a posibilidade de requirir a ampliación deste servizo no futuro e aplica o convenio colectivo específico do sector. O programa de vídeo-interpretación do Concello da Coruña consiste nunha plataforma tecnolóxica no que unha persoa intérprete de lingua de signos, desde unha localización remota, recolle unha vídeo-chamada do persoal municipal ou mesmo da persoa usuaria presente nunha oficina de atención cidadá, e traduce a lingua oral e de signos o diálogo entre ambas. O contrato da área de Igualdade establece unha xornada de traballo na o persoal aproveitará esas bolsas de horas para, nos tempos dispoñibles alén da atención cidadá, realizar vídeo-interpretación e/ou subtitulado de contidos multimedia municipais --Plenos, vídeos de campañas municipais, vídeos para a web do Concello-- de forma que, de xeito progresivo, poida avanzarse na necesaria e obrigada accesibilidade universal de todas as persoas aos distintos servizos da Administración.

Se ben o servizo segue a contar cos 10 postos actuais con plataformas de vídeo-interpretación, o novo contrato está deseñado para a ampliación dos postos, a fin de completar, paulatinamente, o necesario despregamento da plataforma. Tal e como indica o texto, "o número mínimo de postos de atención presencial á cidadanía onde se despregará a plataforma e á que se dará soporte e mantemento do contrato será de 10 postos, se ben a proposta técnica que se oferte deberá permitir o despregamento, configuración, soporte e mantemento de novos puntos de atención presencial". O tipo de licitación é de 18.000 €, cunha duración máxima de dous anos prorrogables a dous máis, e unha posibilidade de incremento por incorporación de novos postos de até o 50 %.Ao tempo, a nova licitación profesionaliza o servizo, ao esixir a titulación dos e das profesionais adicados á execución do mesmo. Así, o persoal deberá posuír a titulación de Técnico Superior en Interpretación de Lingua de Signos Española, á vez que o contrato sinala o convenio colectivo de aplicación deste persoal, que é específico, e que se tivo en conta para o establecemento dos custes do mesmo.

As entidades ou persoas licitadoras deberán presentar na súa proposta unha previsión e folla de ruta do produto para o período de vixencia do contrato "que garanta a evolución do produto segundo o estado da arte tecnolóxica, en especial ao cumprimento de estándares e a súa compatibilidade coas novas versións que poidan xurdir dos sistemas operativos ou navegadores web soportados". O texto establece que a modalidade web/online da plataforma, que se integrará no portal www.coruna.gal e terá que cumprir cos criterios de imaxe corporativa municipais, deberá funcionar "nos navegadores máis usados" pola poboación e non deberá ter restricións en canto ao número de persoas usuarias ou localizacións empregadas. A licitación valora ademais, "especialmente", a inclusión para o servizo de aplicacións nativas para tablets ou desenvolvidas en HTML5 "que faciliten maior mobilidade e usabilidade tanto as persoas usuarias do servizo como aos equipos de atención cidadá municipais".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión