Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de agosto de 2019

A Xunta de Goberno Local nomea a súa quinta directora de área

O Goberno local aproba tamén a adxudicación do contrato do servizo de contenerización, recollida e transporte de residuos urbanos

A Xunta de Goberno Local nomeou esta mañá a maxistrada do Social de Lugo, María Gabriela Gómez Díaz, como directora da Asesoría Xurídica do Concello. Deste xeito, por primeira vez na historia da cidade, haberá máis mulleres que homes nas direccións de área da Administración local. Serán cinco as mulleres que ocupen as direccións de área das nove que ten hoxe o concello. Trátase dunha aposta clara do goberno de Inés Rey pola igualdade. O nomeamento de Gómez Díaz súmase ao de María Hernández, na Área de Urbanismo; María Porto, en Servizos Sociais; Elvira Quintairos, que leva Infraestruturas e Mobilidade; e Ángelika Lorenzen, que dirixe a Área de Medio Ambiente.

Por  outra banda, a  Xunta de Goberno Local tamén leva á súa aprobación o servizo de contenerización, recollida e transporte de residuos urbanos cun custo de 2.730.049 euros (para o servizo de contenerización) a cargo da UTE Valoriza Servicios Ambientales SA-Arias Infraestructuras, SA, e por un importe de 11.891.867 euros (para a recollida e transporte de residuos urbanos) á UTE FCC Medio Ambiente, SA- Ingeser Atlántica, SL.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión