Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2017

Os traballos de demolición da antiga nave de La Toja avanzan no proceso de limpeza desta área da Pasaxe, coa retirada de 2.000 novas toneladas de residuos

O alcalde, Xulio Ferreiro, visitou esta mañá a zona para comprobar o avance destes traballos, que rematarán esta mesma semana

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado das concelleiras de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, e Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, e do concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, visitou este luns á mañá a zona da Pasaxe onde se desenvolven labores de limpeza para completar o proceso de  demolición da antiga nave industrial de La Toja, iniciado o pasado día 4. Os traballos, que concluirán esta mesma semana, permitiron retirar desta área un total de 2.000 toneladas de residuos -ás que haberá que sumar os materiais procedentes do derrubo- o que, como indica o responsable municipal de Rexeneración Urbana, supón un avance notorio dentro do plan de recollida de material de refugallo que o Concello está a desenvolver no asentamento precario, coordinado pola Concellería de Medio Ambiente, e que na súa primeira fase, previa á demolición, logrou limpar un total de 1.692,52 toneladas de residuos xerais e 4,52 toneladas de rodas. Está previsto que en datas próximas, Medio Ambiente inicie unha nova fase dentro desta intervención, cunha ampliación da zona de limpeza, e inicie as actuacións para a normalización da recollida do lixo neste ámbito, para o que tamén se colocarán contedores para a separación do lixo orgánico e inorgánico e se repartirán ecocubos. A eliminación de todos estes residuos, fai notar o responsable municipal, contribúe ademais dun xeito decisivo na diminución das verteduras que estes provocan á Ría do Burgo.

Este plan de limpeza, indica Varela, forma parte do traballo que se está a desenvolver de forma coordinada no asentamento precario da Pasaxe por parte dos distintos servizos municipais cos e coas residentes a través do Plan de Acceso a un Hábitat Digno, "que inclúe en todo momento traballo social coas persoas que habitan esta zona". Neste sentido, o concelleiro sinala que, a pesar de que a responsabilidade sobre a parcela onde se están a desenvolver os traballos é da empresa propietaria do solo, o Concello está a realizar labores de supervisión e control, para garantir que o proceso prosiga nas condicións axeitadas, e para evitar a aparición de novas construcións na zona, toda vez que "o espazo non está acondicionado nin conta con condicións de habitabilidade".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión