Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de abril de 2017

O Concello da Coruña asina coa Deputación un convenio para financiar o servizo de canguraxe municipal, “que reforza o compromiso claro do Goberno local por favorecer a conciliación da vida laboral e persoal"

A edil de Igualdade, Rocío Fraga, salienta tamén a aposta do executivo polo servizo co incremento dun 62% do orzamento do novo contrato de espazos de atención á infancia e ludotecas, que amplía o número de localizacións e aumenta máis de 1.000 horas o seu funcionamento, “para cumprir de forma eficiente coas demandas da veciñanza”

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, en representación do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a deputada de Benestar Social da Deputación provincial, Ánxela Franco, asinaron esta mañá o convenio que establece o marco de colaboración entre ambas administracións para o financiamento do desenvolvemento das actividades do programa Concilia os teus tempos, do servizo de canguraxe municipal do ano 2016, unha proposta dirixida a unidades familiares con menores a cargo con necesidades de conciliación dos eidos persoais e laborais e con problemas para poder levalos a cabo.  Polo presente acordo, ratificado este venres, a Deputación da Coruña comprométese a outorgar a cantidade anual de 100.000 euros, o que representa unha cantidade próxima ao 44 % do importe total do orzamento do servizo, ao que se destinan 226.200 euros. O Goberno local asume a totalidade do gasto restante dun presuposto destinado a gastos xerais e específicos do servizo. Así, e durante o ano 2016, o executivo coruñés destinou 41.500 euros ao impulso e seguimento do proxecto; 137.000 euros a actividades na modalidade de espazos de atención á infancia (EAI) e a rede de ludotecas; e 47.000 euros para a atención a domicilio. Por último, incluíu unha partida de 700 euros para os coidados da infancia na casa de acollemento municipal. As actividades recollidas no presente convenio desenvolvéronse entre o 4 de xaneiro e o 31 de decembro do ano pasado.

Despois da sinatura do documento, a titular de Igualdade agradeceu a colaboración da Deputación, "que incrementa a súa achega en 20.000 euros máis respecto a anterior edición", así como reiterou "o compromiso inapelable do Concello da Coruña para favorecer a conciliación da vida laboral, e persoal da veciñanza, como así demostra tamén o novo contrato do servizo na modalidade de de espazos de atención á infancia e ludotecas, que aumenta considerablemente o investimento".

O novo contrato substitúe ao anterior, de 2014, e aumenta a partida destinada ao mesmo nun 62%, ao pasar de 140.467,50 euros aos 228.274,95 euros actuais. "Este Goberno entende o servizo de canguraxe e o seu reforzo como necesario, de cada a cumprir de forma eficiente as demandas da cidadanía e fomentar a educación en igualdade", afirmou Fraga, quen engadiu que o novo prego "tamén garantirá as condicións laborais do persoal". Así, a nova licitación incorpora o un novo EAI no centro cívico de Palavea, e equilibra os horarios dos centros que forman parte do programa, "que até o de agora tiñan horarios distintas", especificou a responsable municipal Fraga, quen salientou o aumento de máis de 1.000 horas de atención, "como resposta ás peticións da veciñanza para favorecer as súas necesidades de conciliación".

Deste xeito, no novo contrato de canguraxe, na modalidade específica de Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas, as horas totais de funcionamento pasarán de 6.881 a 7.886 horas. Así, o espazo do Castrillón incrementará media hora o seu servizo en período lectivo --sendo agora 16.00 a 20.30 horas de luns a venres--, e a ludoteca de Novo Mesoiro adiantará a súa apertura unha hora polas tardes --de 16.30 a 20.0 horas--. Este mesmo centro terá, segundo o novo prego, horario de 08.00 a 15.00 horas os sábados --será o único da rede que abra este día en períodos lectivos--, e ampliará a súa apertura, ademais das vacacións do verán, ao Nadal e o Entroido.

Por outra banda, a nova licitación garantirá, de acordo á aplicación do convenio colectivo que afecta ao sector de ocio educativo e animación sociocultural de 2015, o cadro de persoal actual susceptible de subrogación, xunto as súas condicións económicas e laborais actuais, ademais de incrementar dos novos postos de traballo para os EAI. Outras das novidades serán a dotación de 1.000 euros para a renovación de xogos e materiais educativos, e a previsión dun mínimo de 150 horas para que a cidadanía poida conciliar a súa vida laboral e familiar e asistir a actos públicos que sexan promovidos polo Concello e realizados en instalacións municipais, ou incluír, na proposta, un proxecto educativo de centro, con actividades que promovan a igualdade entre nenas e nenos e a súa participación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión