Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de novembro de 2019

O Goberno local comprométese a estudar as necesidades espaciais de Afaco

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar, Yoya Neira, visitaron esta mañá a sede da Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer no barrio das Flores

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar, Yoya Neira, visitaron esta mañá a sede da Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer (Afaco) no barrio das Flores. Na reunión abordáronse as diferentes demandas da entidade social e, en especial, as súas necesidades espaciais.

Afaco apuntou que existe unha listaxe de espera para acceder aos seus servizos pero que neste momento non se pode acurtar por mor da falta de espazo nas súas instalacións. Neste senso, lembraron que o Concello, no 2007, cedeulles unha parcela en Eirís para acometer un centro específico para estes pacientes que xa ten proxecto construtivo. Sinalan que este se paralizou ante a falta ou redución do financiamento e entenden que este inmoble permitirá prestar servizo a moitas máis persoas usuarias.

Rey agradeceulle á entidade o "impagable traballo" que leva facendo durante anos nunha cidade, que conta, segundo varias estimacións, con 5.000 persoas afectadas de alzhéimer, e comprometeuse a estudar as demandas de espazo de Afaco co fin de que a entidade poida prestar servizo a un maior número de usuarias e usuarios.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión