Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

27 de novembro de 2019

Yoya Neira destaca a importancia de xornadas como a de violencia sexual para chegar á sociedade

A concelleira de Igualdade adiantou na inauguración do acto un programa para que a xuventude detecte por si mesma comportamentos machistas nos que caen inconscientemente

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, inaugurou esta mañá no Centro Ágora a xornada "Outras formas da violencia de xénero: a violencia sexual", na que se abordou o tema que escolleron desde a concellería como lema da campaña para conmemorar o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A edila agradeceu o traballo do departamento e dos centros que dependen del por facer posible toda unha programación que inclúe cine e teatro e obradoiros dirixidos a menores e ás súas familias.

Explicou que durante a xornada, que involucra os homes, a violencia sexual será tratada desde o punto de vista dos medios de comunicación e o papel que realizan porque "non somos conscientes cando lemos determinados titulares en masculino ou en feminino, cando se pon o acento sobre o xénero e se está a perpetuar, aínda que sexa de maneira inconsciente, determinadas condutas contra as que hai que loitar".

Por outra parte, a responsable sinalou que é importante ter unha visión das leis que "nos faga comprender o inintelixible para podermos combater o machismo en todas as súas facetas" e falou do labor dos e das traballadoras que asisten en terapia con mulleres que foron agredidas e coas súas familias para poñer un punto e seguido nas súas vidas, unha perspectiva, a psicopedagóxica e de axuda ás vítimas, que tamén se tratou e que encaixa dentro do obxectivo de Igualdade que é chegar á sociedade.

Por iso, Neira afirmou que é tan importante a colaboración de institucións e colexios, sobre todo, cando as estatísticas revelan que repunta a violencia machista e que cada vez son máis novas as persoas que se meten en prácticas que hai anos estaban reservadas para idades máis adultas. Coas charlas de educación afectivo-sexual, a concelleira explicou que se quere traballar este aspecto e anunciou que están traballando nun proxecto para o ano que vén no que os rapaces e as rapazas non serán simples receptores/as da mensaxe e aprenderán métodos que lles axuden a visualizar e detectar comportamentos nos que están caendo de xeito inconsciente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión