Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Igualdad y diversidad

  • Inicio
  • Ciudad libre de violencias machistas.

Cidade libre de violencias machistas. Pacto local

25N #SenViolenciasMachistas

Todas as persoas temos dereito á IGUALDADE e á DIVERSIDADE; a mostrarnos libremente COMO SOMOS e a non ser discriminadas nin agredidas pola nosa SINGULARIDADE: ser home, ser muller, ser trans, ter determinada idade, opción ou comportamento sexual, orixe étnica, relixión etc.

A pesar diso, segue a haber xente que se considera portadora do que "ten que ser" e que intenta impor a súa "orde social" anulando os dereitos doutras persoas que non encaixan nela. Trátase dunha actitude discriminatoria que atenta aos DEREITOS HUMANOS das persoas pola súa condición de xénero, orientación do desexo, orixe étnica e/ou diversidade funcional ou sensorial. Todo isto provoca un dos máis graves problemas sociais e de urxente atención: a violencia machista que se exerce contra as mulleres, persoas trans, gais, lesbianas, intersexos, migrantes e persoas con diversidade funcional e/ou sensorial. E é isto precisamente o que "sobra" nunha comunidade de convivencia cidadá en igualdade.

Desde a Concellaría de Igualdade e Diversidade convidamos á cidadanía a tomar parte no reto e responsabilidade colectiva de facer da Coruña unha Cidade libre de violencias machistas; e con especial atención a conseguir eliminar a violencia contra as mulleres da nosa cotidianidade.

Decálogo para unha cidade libre de violencias machistas

Con motivo das Festas María Pita 2015, elaboramos este decálogo con intención de evitar comportamentos de persoas que, ás veces, confunden o goce propio con actitudes pouco ou nada respectuosas cara outras,  a través de comentarios ofensivos e/ou degradantes, insultos, mofas e outras agresións verbais, falsos "piropos", formas non solicitadas de contacto físico que incomoden, coaccionen ou violenten así como exhibición de símbolos sexistas, xenófobos ou homófobos. 

O goce da cidade como espazo de convivencia, espazo público, de lecer, de traballo e de intercambios sociais depende dos valores que transmitamos no uso e relación coas persoas e cos medios. Un dos valores máis importantes que temos é o da Igualdade na diversidade.  

1.           Dignidade. Tratar con respecto a xente, a cadaquén.

2.            Recoñecer e pór en valor a diversidade.

3.            Evitar illamento, exclusión e marxinalidade.

4.            Respectar a intimidade. Evitar agresións e invasións dos espazos de intimidade das persoas.

5.            Coidar: cóidate, coida, coidémonos.

6.            Ser responsable das relacións que cadaquén quere establecer.

7.            Cando alguén di NON ante unha oferta sexual explícita é NON E XA! Non é cuestión de interpretacións, NON é NON.

8.            Nada xustifica unha agresión sexista. Formos de onde formos, vistamos como vistamos, liguemos como liguemos... Temos dereito a estarmos, a celebrarmos e a gozarmos en igualdade.

9.            Rompe a cadea de actitudes e comportamentos machistas;  pensa no que van reproducir os nenos e as nenas.

10.          Ante unha agresión, verbal, sexual ou física na rúa: ACTÚA!

Pacto Social pola Coruña Libre de Violencias Machistas

 A Diversidade é unha riqueza social na convivencia humana, e non pode ser utilizada para disculpar ningún tratamento irrespectuoso, denigrante ou excluínte de recursos nin de dereitos das persoas. Todas as vidas teñen o mesmo valor; é unha responsabilidade colectiva facelo realidade, desterrando crenzas, tradicións e comportamentos que vulneren o feito de 'ter dereito a unha vida digna'.  

Consideramos imprescindible emprender políticas integrais para previr, detectar e eliminar as situacións de violencia que afectan ás persoas por cuestión da súa identidade de xénero, a orientación sexual, a procedencia ou orixe étnica ou a diversidade funcional / sensorial.

E para o conseguir precisamos sumar enerxías, vontades e a participación da cidadanía.

O Pacto Social por unha Cidade libre de violencias machistas será o resultado do proceso participativo que o Concello da Coruña está a propoñeller á sociedade civil para establecer un plan de traballo conxunto cos seguintes obxetivos:

1)    Rexeitar colectivamente a violencia de xénero e calquera outra violencia machista.

2)    Promover modelos alternativos de convivencia, incluíntes das diversidades existentes en Igualdade.

A idea inicial baséase nun documento inicial, aberto a adhesións individuais e colectivas, que recollerá unha serie de compromisos mínimos a partir dos que ir artellando o contido e desenvolvemento do Pacto Social por unha Cidade libre de violencias machistas:

  • Facer visibile as dimensións reais das violencias machistas, con especial incidencia en identificar as formas en que se manifesta a violencia contra as mulleres.
  • Considerar que a violencia de xénero e as violencias machistas en xeral son un indicador da existencia dun grave problema social que nos afecta a toda a cidadanía.
  • Considerar as situacións de múltiple discriminación asociadas á confluencia das diversidades, e de como a dita interseccionalidade pode agravar o problema das violencias machistas; máxime entre as mulleres e nenas con diversidade funcional/sensorial, que non encaixen nos patróns preestablecidos de comportamento heterosexual e/ou procedentes doutras culturas/territorios.
  • Impulsar iniciativas colectivas de prevención das violencias machistas na cidade.

CAMPAÑAS E ACTIVIDADES

MOCIÓNS

RC Deportivo contra as Violencias Machistas

Deporte contra as Violencias Machistas

Adhesións do deporte galego á campaña #SenViolenciasMachistas do Concello da Coruña
PactoSocial_SenViolenciasMachistas

Actualidad

Slider Igualdade Videos

  • Ayuntamiento de A Coruña
  • Xunta de Galicia
  • Fondo Social Europeo
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 | 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?