Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Igualdad y diversidad

Observatorio de igualdade e diversidade

QUE APORTA O OMID NO TRABALLO DO CONCELLO?

O  Observatorio Municipal de Igualdade e Diversidade  (O.M.I.D.) é un recurso da Concellaría de Igualdade e Diversidade que ten a misión a de facilitar a orientación das políticas municipais á superación das desigualdades existentes incidiendo na inclusión da Igualdade de xénero e a Diversidade para a transformación social.

Para este cometido, o funcionamento do OMID vai tratar de incorporar a igualdade de oportunidades ós diferentes mecanismos e procesos de traballo da administración local, ademáis de contribuir a un mellor coñecemento da realidade, solicitando, analizando e difundiendo información sobre a situación das diversidades existentes.

En breve ... Que é o O.M.I.D.?

  • Recurso municipal para a transversalidade, liderado pola Concellaria Igualdade e Diversidade, en coordinación cá Universidade dá Coruña e as Asociación e colectivos activos non ámbito dás políticas de xénero e a Diversidade en Igualdade
  • Instrumento de análise e incidencia na transformación dá realidade social para a Igualdade de xénero
  • Instrumento para formular suxerencias, reclamacións ou denuncias de situación que vulneren vos dereitos de Igualdade e Diversidade.

A  creación do OMID pretende avanzar nunha liña de traballo xa existente no Concello de A Coruña, complementando a análise da realidade municipal desde unha perspectiva integradora das diversidades.

Na actualidade, xa existen 2 observatorios municipais:

O Observatorio Urbano (OU) é unha ferramenta xeradora de información estatística sobre a cidade. Solicita, organiza, valida e facilita datos represetnativos da cidade cuxas fontes poden ser internas ou externas. Desta forma, permite un coñecemento obxetivo da realidade social, económica e ambiental do municipio herculino.

A súa información está estructurada nas seguintes áreas temáticas:  Demografía, Medio Ambiente, Transporte e mobilidade, Espazo urbano, Economía, Emprego, Vivenda, Educación, Sanidade e Saúde, Benestar social, Cultura e Deporte, Seguridade cidadá, Participación cidadá.

O Observatorio Sociolaboral, que elabora o Servizo Municipal de Emprego,  recolle e trata datos sobre a situación do mercado de traballo na cidade da Coruña, a comarca na que se integra, a provincia e a comunidade autónoma.

Os documentos e estudios que fai o observatorio son de tipo estatístico como a poboación, o paro, o nivel de formación, EPAs, contratación na comarca da Coruña, características do paro, características dos fogares (ingresos, risco de pobreza e exclusión social), nivel de formación , poboación e mercado laboral, novas tecnoloxías, etc.

ESTRUCTURA E FUNCIONAMENTO DO O.M.I.D.

O  OMID desenvolverá o seu cometido artellando o traballo en tres ámbitos:

  • Coordinación Institucional
  • Investigación e Coñecemento da realidade
  • Formación e avaliación do impacto sobre a igualdade
  • Coordinación Institucional

O OMID contempla un dos elementos básicos para transversalizar a Igualdade de xénero nas políticas municipais: propiciar que a responsabilidade de asumir o principio de Igualdade na Diversidade é asumida de manera conxunta e individualizada por todas as Concellarías así como polos programas e servizos municipais. 

A coordinación institucional refírese ó entendemento e comunicación entre as diferentes concellarías e programas, así como entre cada unha destas o outras institucións públicas ou privada

A través de esta área de Coordinación Institucional o persoal asignado polo Concello realiza un seguimento das accións en materia de Igualdade desenvolvidas nas políticas locais.

Funcións:

  • Recoller denuncias da cidadanía en materia de Igualdade de Xénero e Diversidade e derivalas para a sua tramitación según o que proceda
  • Atender ás necesidades de formalizar/modificar protocolos de coordinación e derivación que faciliten o obxetivo de Igualdade e Diversidade 
  • Asesorar e prestar apoio á revisión de documentos, planes de acción e normas reguladoras do concello

Estructuras:

Se crea como parte da estabilidade do funcionamento do OMID a Unidade para Transversalidade de Xénero, Ética e Diversidade composta por dúas comisión de traballo:

  • Comisión Técnica Interdepartamental
  • Comisión Seguemento das políticas transversais (Igualdade, Participación e Medio Ambiente)

Investigación e Coñecemento da realidade

O OMID pretende ser o recurso municipal propiciatorio da relación ótima entre realidade social e coñecemento da realidade social.

Cá intención de aproximación máxima á realidade, o OMID desenvolverá procesos de búsqueda de datos e de información que aporten variables explicativas para entender as situacións, condicións de vida e posicións sociais da cidadanía da Coruña; estes procesos de investigación-acción artellanse a través de catro propiedades: 1) sistematica, 2) organizada, 3) obxetiva e 4) interseccional.

 FUNCIÓNS: 

  • Realizar e promover estudos e análise da realidade integrando unha mirada feminista á cidade.
  • Realizar diagnósticos e análise sobre o funcionamento administrativo e as necesidades de mellora para a Igualdade de xénero
  • Elaborar informes e balances estadísticos sobre as desigualdade de xénero no municipio en todos os ámbitos.

 Formación e avaliación do impacto sobre a igualdade

 A avaliación das políticas públicas é unha das grandes asignaturas pendentes ás que pretende atender o OMID. Trátase de desenvolver unha líña de traballo que   facilite a orientación dos proxetos, actividades e servizos do Concello de A Coruña para que provoquen unha mellora da realidade e un avance favorable na Igualdade atendendo ás diversidades existentes. 

 Funcións:   

  • Asesorar e/ou realizar a formación sobre Igualdade de Xénero e Diversidade para o persoal político e técnico do concello, así como para outras entidades que estén a traballar co Concello.
  • Facilitar o acompañamento e mellora dos procesos de deseño e avaliación de cómo contribuen as políticas públicas na minoración das desigualdades e como iso posibilita avanzar cara un modelo de Cidade igualitaria.

DOCUMENTACIÓN E RECURSOS PARA A IGUALDADE

O traballo colectivo realizado desde os Observatorios Municipais, deu contido á elaboura e publicación dos informes 'A Coruña en cifras', unha recopilación estatística sobre a situación das mulleres e dos homes na cidade e na corporación municipal.

Actualidad

Slider Igualdade Videos

  • Ayuntamiento de A Coruña
  • Xunta de Galicia
  • Fondo Social Europeo
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 | 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?