Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2019

A IV Barbería Solidaria celebrarase o 8 de xuño nos Xardíns de Méndez Núñez en favor da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple

A edil Rocío Fraga presentou a iniciativa, que este ano contará con máis de 60 profesionais de todo o Estado que ofrecerán cortes de pelo, afeitados ou peiteados por 8 euros. A recadación destinarase á mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional de ACEM

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou esta mañá a IV edición da Barbería Solidaria, unha iniciativa benéfica de sensibilización para visibilizar, entre a cidadanía, a esclerose múltiple así como o labor dunha entidade sen ánimo de lucro que traballa neste ámbito, a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM). A proposta, que conta coa colaboración do Concello na organización, reunirá o vindeiro 8 de xuño a máis de 60 profesionais da barbería e da perruquería de Galicia, Xixón, Córdoba e Valladolid nos Xardíns de Méndez Núñez, que ofrecerán servizos de corte e peiteados. "Estamos a falar da cuarta edición dunha iniciativa xa consolidada e que reúne profesionais de distintos puntos do Estado para visibilizar a enfermidade", apuntou Fraga, quen lembrou que este ano a Barbería Solidaria renderá homenaxe ao barbeiro Guillermo Caballero, fundador da primeira iniciativa deste tipo en Lebrija, no ano 2014.

A xornada desenvolverase entre as 15.00 e as 21.00 horas. "A proposta permitirá recadar donativos a prol da da mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional de ACEM e do mantemento dos servizos sociosanitarios que ofrece a entidade", sinalou a concelleira, quen estivo acompañada na rolda de prensa por Raquel Campos, vogal da xunta directiva de ACEM. Así, as veciñas e veciños da Coruña que visiten a IV Barbería Solidaria, poderán contar un corte de cabelo, peiteado ou afeitado por 8 euros. No caso de cun corte de cabelo e peiteado, ou dun corte e afeitado, o prezo será de 16 euros. Durante seu desenvolvemento, o evento contará coa amenización do DJ La Isla.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión