Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2022

A rúa Durán Loriga, na Coruña, estrea unha nova zona de paso peonil coas cores da bandeira LGTBI

O Concello ampliou a zona de paso e mudou o branco tradicional polas seis cores do emblema, para mellorar a seguridade viaria e reivindicar os dereitos do colectivo

A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, Yoya Neira, presentou esta mañá o novo paso de peóns, ampliado, da rúa Durán Loriga, que desde hoxe levará as cores da bandeira LGTBI. "Con esta acción simbólica queremos mostrar á cidadanía que A Coruña é unha cidade aberta e inclusiva e que as rúas son para todos e todas, en igualdade de condicións", sinalou a concelleira.

Yoya Neira explicou que o asfalto coas novas cores da bandeira LGTBI ten moito significado porque "con esta pequena acción damos paso á igualdade, pero tamén dicimos stop a todas as formas de odio contra o colectivo". 

A ampliación do paso mellora a seguridade viaria nesa zona e, lembrou a concelleira, súmase ás actuacións levadas a cabo polo Goberno de Inés Rey durante o actual mandato para a ampliación e mellora de zonas peonís, con intervencións en espazos públicos que suman máis de 50.000 metros cadrados en máis de 50 rúas e prazas. 

Durante o acto de presentación da ampliación do paso peonil na rúa Durán Loriga, Yoya Neira estivo acompañada por Ángela Jiménez e Mariña Fuentes, representantes da asociación Stop Accidentes, que colabora co Concello a través de diversas iniciativas orientadas a promover a mobilidade sostible e facer do peón o verdadeiro protagonista da seguridade viaria.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión