Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de maio de 2020

Benestar Social atendeu 82 peticións a través do servizo gratuíto de mediación de conflitos derivados do confinamento

A cidadanía pode resolver de xeito confidencial problemas persoais ou veciñais coa axuda do voluntariado da asociación Círculo de Mediación Galicia (CIMEGA), que atende no teléfono 010

A Concellería de Benestar Social e Igualdade atendeu un total de 82 peticións a través do servizo de mediación posto en marcha o pasado 3 de abril para a resolución de conflitos derivados da situación de  confinamento, en colaboración co Círculo de Mediación Galicia (CIMEGA).  

A concellería lémbralles ás persoas que teñan a necesidade de utilizar este servizo gratuíto que deben poñerse en contacto co concello a través do 010. O servizo, que é confidencial e gratuíto, préstano voluntarias e voluntarios, que atenden disputas no ámbito doméstico, discusións nas comunidades veciñais e tamén no traballo. 

O Goberno local decidiu establecer este servizo ao detectar a Concellería de Benestar Social un incremento de conflitos derivados do estado de confinamento. Para o persoal responsable da concellería, os problemas na convivencia que están a ter moitas persoas son difíciles de resolver, se non é mediante mecanismos alternativos. 

Por outra banda, o concello atendeu un total de 463 chamadas desde que o 31 de marzo se puxo en marcha o servizo de atención telefónica Acompáñote. A través deste servizo, as persoas que viven soas poden levar mellor este tempo de confinamento. Un equipo de 31 voluntarias/os acompañan a través do teléfono 900 920 500 a aquelas persoas maiores que carecen de soporte familiar ou social ou non teñen acceso aos contidos dixitais e queren conversar con alguén.  Ademais, realizáronse 44 chamadas a persoas maiores que viven soas e teñen problemas para utilizaren o teléfono. Esta medida articúlase naqueles casos que así o soliciten. O horario de atención é das 10.00 ás 21.00 horas. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión