Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de marzo de 2020

Benestar Social aumenta a renda per cápita das persoas usuarias das bolsas comedor aos 7.000 euros

A Xunta de Goberno aprobará mañá a convocatoria para o próximo curso, en que as persoas solicitantes serán as e os escolares, polo que se comprobarán as débedas deles e non as dos seus proxenitores ou titores

A Xunta de Goberno local aprobará mañá unha nova convocatoria por parte de Benestar Social das bolsas comedor para o curso 2020/2021, en que se amplía a cobertura da axuda a períodos vacacionais para aquelas nenas e nenos que sexan beneficiarias/os e que conten cun informe técnico dos equipos de atención social que detecten neles un risco de exclusión social. Por outra parte, auméntase a renda per cápita, que pasa dos 6.000 aos 7.000 euros, e increméntase de 3.000 a 3.600 euros o importe da dedución por alugamento e/ou hipoteca. Así mesmo, as/os escolares que pertencen a familias beneficiarias de RISGA e Renda Social Municipal equipararanse á puntuación máis alta no nivel de renda.

Ademais, as persoas solicitantes serán as e os escolares, polo que se comproborán exclusivamente as débedas que teñan eles. Outra das novidades é que para calcular os ingresos da unidade familiar terase en conta aos proxenitores ou titores xunto ás fillas e fillos beneficiarios. Entre as melloras da convocatoria, está a de permitir ser beneficiarias/os a persoas maiores de idade. Deste xeito, poderá solicitar as bolsas o estudantado repetidor.

A nivel administrativo, procurarase que a redacción da convocatoria, os impresos de solicitude e os anexos sexan o máis sinxelos posible para que as persoas demandantes non cometan ningún erro á hora de cumplimentaren os formularios e achegaren a documentación requirida, así como en autorizaren ao Concello a consulta destes datos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión