Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de marzo de 2020

Inés Rey: “Todos os días teñen que seguir sendo 8 de marzo”

A alcaldesa participou esta mañá na manifestación polo Día Internacional da Muller, en que preto de doce mil coruñesas e coruñeses partiron do Obelisco e foron ata a praza de Tabacos para demostraren que elas e eles “son o cambio”

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá xunto con varios edís da Corporación na manifestación polo Día Internacional da Muller, que congregou a preto de doce mil coruñesas e coruñeses baixo o lema "Fomos, somos, seremos... eu son o cambio". A rexedora sinalou que para ser ese cambio en primeira persoa, cómpre normalizar a diversificación: "Todos os días teñen que seguir sendo 8 de marzo porque a loita non termina aquí. Ten que ser unha loita diaria, por iso que as mulleres cun posto de responsabilidade coma o meu temos máis obriga aínda de visibilizar a loita pola igualdade".

A rexedora engadiu que a igualdade ten que ser tranversal a toda a acción do goberno: "A concellaría de Igualdade traballa permanentemente en colaboración coas distintas áreas para que sexa unha igualdade real e efectiva e que afecte a todos os ámbitos sociais".

                                                                                                 

Na programación municipal que o concello deseñou para conmemorar esta efeméride están os obradoiros "Conversas para o cambio social", dirixidos fundamentalmente á poboación xuvenil, e en concreto, ao alumnado de secundaria. A idea é que sexan conscientes e "cheguen elas e eles mesmos á conclusión de que existen ambientes masculinizados e roles que están asumindo como normais". Ademais, hai exposicións na Casa da Cultura Salvador de Madariaga e na Casa Museo Emilio Pardo Bazán; obras de teatro no Teatro Rosalía, Centro Ágora e Fórum Metropolitano; actividades como "As nosas guerreiras" en espazos de atención á infancia; charlas e mostras na rede de bibliotecas municipais e un ciclo de cine "Retallos de muller", no Fórum Metropolitano. 

Así mesmo, organizaranse exposicións de temática feminista nos centros cívicos e o 28 de marzo realizarase a segunda carreira e marcha solidaria "Querémonos vivas!", en que se lle doará o recadado das inscricións a unha entidade que traballe en proxectos de investigación e de mellora a mulleres con patoloxías como o cancro de mama

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión