Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de xuño de 2020

O concello atendeu a preto de 17.000 persoas durante o estado de alarma

O Goberno local segue a traballar para garantirlles ás familias coruñesas as súas necesidades básicas

O concello, a través da concellería de  Benestar Social, atendeu durante o estado de alarma a preto de 17.000 persoas, no que supón unha firme resposta de apoio e acompañamento do goberno municipal as persoas máis vulnerables da cidade.

A Concellería de Benestar Social respondeu desde o primeiro momento ante a crise social. Reforzou todos os seus programas e puxo en marcha novos dispositivos para afrontar o incremento de solicitudes de axuda. O seu obxectivo é poder atender as persoas en situación vulnerable e non deixar a ninguén atrás. No seu labor, o goberno local contou co apoio de asociacións e entidades públicas e privadas, e coa axuda das persoas voluntarias que traballaron sen descanso durante estes meses. Voluntarias e voluntarios que atenden ás persoas que se atopan en situación de dependencia e soidade ou que teñen mobilidade reducida e non poden saír da súas casa. Ademais, colaboran na repartición de bolsas comedor e de menús e alimentos a domicilio.

A intención do Goberno local é a de seguir a traballar para garantir ás familias as súas necesidades básicas de alimentos e vivenda. A través do programa "Coruña solidaria", incluído no Plan de Reactivación Económica e Social, (PRESCO), o Goberno local destinará un millón para emerxencia social; 250.000 euros empregaranse no programa de canguraxe e outros 250.000 euros máis destinaranse ao programa de acompañamento de persoas maiores, a través de entidades sociais. Por último, mellorarase a partida do programa de bolsa de vivenda en alugueiro con 150.000 euros máis.

Programas

-Servizo de voluntariado. Posto en marcha o 13 de marzo. 1.127 peticións de axuda. 530 participantes rexistrados.

- Liña Acompáñote. Arrinca o 31 de marzo. Conta con 31 voluntarios. 481 chamadas atendidas. Efectuáronse 54 chamadas a persoas maiores que tiñan dificultades co uso dos teléfonos.

-Servizo de Mediación en conflitos derivados da corentena. En colaboración co Círculo de Mediación Galicia (CIMEGA). Posto en marcha o 3 de abril. Vinte voluntarios e un total de 103 solicitudes atendidas.

-Ninguén atrás. Recibíronse 834 solicitudes de material escolar. Realizáronse reparticións de 29 colexios e atendéronse a 461 escolares.

-Bolsas comedor. 656 nenas e nenos dados de alta. Repartíronse 36.565 menús.

-Talón restaurante. Dispénsanse menús ás 413 usuarias/os dos 718 existentes.

-Servizo de Comida a domicilio. 536 usuarias/os na actualidade. 95 persoas foron dadas de alta con urxencia.

-Servizo de Asistencia a domicilio. Dótase ao persoal traballador de tres empresas de material de protección para que poidan realizar o seu traballo de maneira segura (4270 máscaras FP2y FP·) Un total de 911 usuarias/os en activo, 128 altas e 154 ampliacións do servizo de maneira urxente.

-Teleasistencia. 1.624 persoas dadas de alta na actualidade. 12 altas urxentes. 140 altas tramitadas.

-Dispositivo de emerxencia para persoas sen fogar.120 persoas foron atendidas no albergue habilitado no pavillón deportivo de Riazor.

-Comedores sociais. Non están abertos para comer alí, pero serven diariamente 250 menús para levar a casa.

-Equipo de atención social (EAS). Continúase co traballo ordinario dos EAS en modalidade teletraballo. Tramitáronse 15.357 expedientes entre os centros de San Diego, Labañou, Mallos, Monte Alto e Elviña. Aproximadamente o 70% destas atencións non son programadas. 4.067 atencións telefónicas atendidas nos Centros Cívicos sen EAS. Do total, 1.063 solicitudes de axuda realizáronse a través do 010. Todas elas foron resoltas ou canalizadas.

Un total de 1.809 axudas económicas tramitadas a través de emerxencia municipal, do programa A Flote, do convenio con Cáritas e unha achega económica de Padre Rubinos e Cruz Vermella.

-Renda Social municipal. Do 1/1 ao 28/5 presentáronse 66 solicitudes. A nómina de maio ten 193 rendas activas.

-Traballo en asentamentos precarios. No asentamento da Paxase fixéronse 8 reparticións de alimentos e 6 de material didáctico. No Portiño, 5 reparticións de alimentos e 3 de material escolar, e nas Rañas, 6 reparticións de alimentos e 5 de material para a cativada en idade escolar.

-Aloxamento de emerxencia. 33 persoas aloxadas. 40 habitacións alugadas en 9 hostais por un importe de 18.132 euros.

-Protocolo de Atención a posibles vítimas de violencia de xénero. Habilitáronse 13 prazas en habitacións individuais con menores.

-Reforzo Canguros a Domicilio. 2.236 horas de atención a menores por valor de 36.503 euros. 81 menores atendidos e 54 familias beneficiarias.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión