Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xullo de 2022

O Concello da Coruña, pioneiro en España na creación dun Plan de Igualdade no Deporte

O Goberno municipal consultará a entidades e deportistas de cara a elaborar as bases deste regulamento

O Concello da Coruña convértese no primeiro municipio de España en poñer en marcha a elaboración dun Plan de Igualdade no Deporte. A iniciativa xorde do debate iniciado pola Comisión de Igualdade creada por decisión do Consello Municipal do Deporte e que está presidido pola alcaldesa, Inés Rey.

A partir de setembro comezará a traballarse en profundidade nas bases deste regulamento coa idea de facer un diagnóstico cualitativo e cuantitativo da situación da muller no deporte coruñés. Desde a Concellaría de Deportes, que dirixe Mónica Martínez, pídese a máxima colaboración de todas as entidades e clubs relacionadas co deporte. 

O Concello da Coruña foi pioneiro no deseño e na aplicación de políticas e actuacións de igualdade, mais tamén no desenvolvemento dunha rede de equipamentos e servizos deportivos aos que se incorporaron co paso dos anos centos de entidades e decenas de milleiros de persoas de todas as idades. "Pese aos avances, o eido deportivo continúa a ser un dos que conta con maior fenda de xénero. Isto pódese ver non só no número de equipos e deportistas femininas, senón tamén na súa pouca presenza en estamentos técnicos, arbitrais e de xestión", manifestou a alcaldesa Inés Rey.

O Plan de igualdade do deporte será unha ferramenta para poñer en marcha accións que contribúan a eliminar as barreiras das mulleres no eido deportivo. "Precisamos que as entidades coruñesas e os nosos e as nosas deportistas expoñan as súas ideas neste plan, que nos volve situar como un concello pioneiro a nivel nacional e comprometido coa igualdade, algo que amosamos día a día coas diferentes accións que promovemos", apuntou a rexedora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión