Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2020

O Concello pon en marcha un novo dispositivo de axuda para as persoas máis vulnerables

Dada a incidencia que está tendo a pandemia entre a cidadanía, Participación Cidadá abre unha nova convocatoria de voluntariado entre as veciñas e veciños As/os interesados en participaren no programa poderán inscribirse en www.coruna.gal/participación sempre que teñan a maioría de idade e non pertenzan a colectivos de risco

O Concello da Coruña pon en marcha un novo dispositivo de voluntariado para atender as persoas en situación de dependencia e soidade ou que teñen mobilidade reducida ante a incidencia que está a ter a Covid-19. As/os intereradas/os en participaren poderán inscribirse na páxina web www.coruna.gal/participación sempre que sexan maiores de 18 anos e que non pertenzan a colectivos de risco. As/os voluntarias/os recibirán as indicacións pertinentes por parte de Protección Civil para realizaren os labores que se lles asignen nunhas condicións axeitadas e todas/os as/os que formen parte do servizo deberán cumplimentar unha declaración voluntaria de participación, de carácter obrigatorio.

Na web está dispoñible toda a información sobre o que significa ser voluntaria/o, a lexislación vixente nesta materia e os programas de cooperación que están en marcha desde Participación Cidadá. Neste caso, a concellería pretende con este dispositivo xerar lazos de proximidade e de confianza entre o voluntariado e as persoas que precisen axuda, polo que os servizos se activarán en función destas premisas: a relación próxima coa persoa que precisa colaboración, a tipoloxía da necesidade, derivada ben de circunstancias persoais, da súa contorna ou por causas de forza maior; e por último, a dispoñibilidade da/o voluntaria/o. Para contactar coa oficina de voluntariado e achegaren as súas consultas, as/os interesadas/os poden escribiren un correo electrónico a voluntariado@coruna.es ou chamaren ao teléfono de atención cidadá 010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión