Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2020

Rey destaca o equipo humano da Casa de Acollida como soporte para as mulleres maltratadas

A alcaldesa recolleu esta mañá en representación do Concello o Premio Menina 2020 que a Delegación do Goberno lle outorgou a este servizo que leva funcionando desde 1991

A alcaldesa, Inés Rey, recolleu hoxe en representación do Concello o Premio Menina 2020 que a Delegación de Goberno lle outorgou á Casa de Acollida pola súa traxectoria de 29 anos. A rexedora explicou que cómpre gardarmos minutos de silencio e realizar actos como os destes días en lembranza das mulleres asasinadas. De igual xeito, "as administacións podemos facer máis profundando nos cambios lexislativos necesarios, promovendo políticas educativas que sementen igualdade e ofrecendo recursos públicos a quen os precisa para saír do círculo da violencia". Neste punto, lembrou que a dotación da Casa de Acollida non só é importante no espazo físico, no acubillo que ofrece, senón tamén por todo o seu equipo, "disposto a ser a rede que sosteña as mulleres que nela entran, o soporte en que se apoiaren para continuar".

Rey sinalou que ela recollía a distinción, pero que, en realidade, deberían estar no estrado as persoas psicólogas, as avogadas e as traballadoras sociais que reciben as mulleres, que "son oídos que escoitan, abrazos que reconfortan e bocas que calan medos e inseguridades. Elas son as que axudan na tramitación de procedementos que lles achegan recursos para que poidan iniciar unha nova vida: "Como alcaldesa, a primeira muller que preside o Concello en democracia, podo recordar con orgullo a aqueles que me precederon e que, tan lonxe como en 1983, situaron A Coruña no mapa das cidades máis avanzadas en políticas de igualdade, comezando coa apertura do Centro de Orientación Familiar de Orillamar".

Rey presidiu o acto xunto ao delegado de Goberno, Javier Losada, a subdelegada Pilar López-Riobó e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso. Nel, recoñeceuse tamén o labor das avogadas e avogados de Galicia que forman parte da quenda de oficio especializado na asistencia a mulleres vítimas da violencia de xénero, unha distinción que recolleu o presidente do Consello da Avogacía Galega, Ramón Jáudenes. Por último, a delegación distinguiu a Julia Conde, sarxenta 1.º da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión