Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xaneiro de 2021

Rey pon en valor a iniciativa solidaria do Mercadillo de Nadal nun momento tan complicado

A alcaldesa presidiu esta tarde na Cociña Económica o acto de entrega do donativo de máis de 30.000 euros recadado este ano na actividade organizada por Isabel Ruiz

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde na Cociña Económica o acto de entrega do donativo recadado polo Mercadillo solidario, organizado por Isabel Ruiz. Na iniciativa, que este ano se repartiu entre dous locais da rúa Real e en Marcial del Adalid, superáronse as expectativas e a veciñanza adquiriu pezas de anticuario, mobles e xoias por valor de máis de 30.000 euros. A rexedora destacou os xestos de persoas como Isabel e o seu equipo, así como o das coruñesas e coruñeses que fan cola a diario para entregaren doazóns na entidade benéfica, segundo lles contou o seu presidente, Jacinto Torres. Rey remarcou o papel da Cociña Económica nun momento tan complicado e lembrou que o Concello leva traballando desde marzo nunha serie de iniciativas no ámbito social co obxectivo de axudar a cidadanía máis vulnerable e tratar de evitar que ninguén quede atrás durante a pandemia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión