Unha viaxe de catro mulleres
Para público en xeral
11/12/2020
Xa rematou
21.00 h
* Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
70 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada).
(As persoas beneficiarias de entradas con desconto deben presentar o documento que o acredite ao mercar a entrada e ao acceder ao recinto no que terá lugar o espectáculo).
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.es
"30 e tantos ósos" é unha viaxe de catro mulleres de 30 e tantos anos que, cansadas de vivir escondidas baixo carcasas prefabricadas, adoptando comportamentos alleos, deciden transcender a pel e a carne a través da mítica figura da loba, para chegar aos seus ósos, á materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se encontra o seu potencial máis vital e salvaxe, exiliada.
Intérpretes: Diana Mera, Merche Pérez, Teté García e Belén Bouzas
Dirección de escena: Diana Mera
Compañía: Aporía Escénica
Espectáculo en galego
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho de billetes Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Para mercar en liña: corunacultura.sacatuentrada.es
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible