Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

7 de novembro de 2015

A concelleira de Igualdade demanda que a loita contra as violencias machistas se converta nunha cuestión de Estado

Rocío Fraga participou nunha recepción no Ayuntamiento de Madrid, xunto con alcaldesas e edís de Barcelona, Badalona e Compostela, para reclamar unha actuación urxente das administracións autonómicas e central, e para apoiar a marcha que tivo lugar este sábado

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, así como alcaldesas e edís de Madrid, Barcelona, Badalona e Santiago de Compostela reuníronse esta mañá no Ayuntamiento de Madrid para reclamar de forma conxunta “unha resposta ás violencias machistas”, así como para manifestar o seu apoio á marcha que se celebrou este sábado, 7 de novembro, convocada por diversas organizacións feministas e cidadás.

Tras a recepción na institución madrileña, as representantes dos diversos municipios manifestaron o seu apoio á campaña estatal contra as violencias machistas. Fraga manifestou que “os concellos teñen a responsabilidade de ser a administración que debe estar máis preto da cidadanía. Por iso, en temas relacionados coa erradicación das violencias machistas debemos levar a cabo un importante traballo de apoio ás vítimas e de prevención”. Non obstante, a responsable do departamento de Igualdade manifestou que “tamén é necesario visibilizar as demandas e esixir, tanto aos gobernos autonómicos como ao central que é necesario unha actuación urxente”. “É unha cuestión de Estado”, destacou.

“É necesario desenvolver un traballo coordinado para poder atallar esta situación. Os asasinatos son a punta do iceberg, pero cada día danse moitas máis formas de violencia, por exemplo contra as persoas que non se axustan aos cánones que están marcados”, engadiu a concelleira, que quixo agradecer o traballo que realizan os movementos feministas.

Durante a recepción, a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, manifestou que “non pode ser que unha lacra coma esta careza dunha resposta absoluta”, mentres que a rexedora de Barcelona, Ada Colau, explicou que “está é a violencia estrutural máis grave que sofre este país, que provoca centos de mulleres asasinadas, que non morren soas, senón que as matan”.

As representantes políticas destacaron a dureza dos datos relativos ás violencias machistas. No que vai de ano téñense contabilizado 84 feminicidios. Só durante o verán de 2015, foron asasinadas 37 mulleres e oito menores a mans das súas parellas, pais ou parellas das súas nais.

Rematada a recepción e a Marcha contra as Violencias Machistas, tanto Fraga como as demais representantes municipais iniciaron unha reunión de traballo, na que analizarán as liñas de traballo que están a seguir os concellos en materia de igualdade.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión